9.1.09

Viaxe a Os Ánxeles en oito minutos


a por Ana

Un día de inverno, en Arteixo, A Coruña, pasouseme pola cabeza ir de viaxe ata Os Ánxeles, California, entón pregunteille aos meus pais se podía ir, pero non me deixaron por motivos de diñeiro, claro, porque estamos en crise.

Eu decidín pagar eu soíña a miña viaxe, e así o fixen, rompín o peto e collín todos os meus aforros. Entón ao chegar ao aeroporto merquei os billetes do avión e saín pitando. Tería que facer escala en moitos lugares porque era un vó nunha compañía de viaxes baratos, pero tanto me tiña, con tal de chegar alí.

Ao aterrar no meu destiño decateime me que non tiña ningún lugar onde durmir, pero aínda era de día, xa o pensaría.

Saín do aeroporto e un señor preguntoume:

-Oes nena, que fas aquí tí soa?

-E que meus pais non me deixaban e escapeime porque quería ver ás estrelas do cine ao natural, polo tanto tiña que vir a Hollywood.

O señor mirou para min con unha cara de pena, que tamén ma deu a min nese momento, pero non me arredei, eu xa estaba asustada dabondo para que aquela cara arrepiante me votara para atrás despois de chegar tan lexos de Arteixo.

-Como te chamas? preguntoume, votándolle todo o valor que puido, eu chámome Luis e son de Lendo, viñen aquí de neno coma tí, para tentar traballar no cine,

Díxenlle o meu nome e fixémonos amigos, tiven moita sorte poque non podería nin saír do aeroporto cando vin todo aquel lio e sen un euro no peto...

Contoume que era director de cine e traballaran con el moitos actores famosos, e que dirixira as películas High School Musical!

Pensei que me daba un ataque, levoume aos estudos, deu unha festa para min onde me presentou aos actores e actrices das tres películas e... dixo a profe que xa pasaran os oito miniutos!

Gracias a ela, aforrei os cartos da volta, que non tiña, aínda que supoño que o meu amigo de Lendo me tería axudado, porque nos gusta aos dous moito vivir en Arteixo!