27.1.09

Impresións do vendaval

Estaba eu na miña casa á noitiña, cando comecei a oir choiva, granizo e vento moi forte. Miña nai díxome que viña un ciclón e que era moi forte, e papá pensou que ía voar o tellado.
Eu collín moito medo e meu irmán tamén, puxémonos a chorar, a berrar e patalexar... mamá e papá dixeron que non pasaba nada e que durmísemos.
Ao pouco, todo parou pois nós quedamos durmidos.
Cando despertamos, oimos e vimos todo o que pasara na tele e na radio.
> Jenny Golán Aller