30.5.13

O lambonciño





O Lambonciño é un baile que se baila no sur de Galicia e no norte de Portugal. 
Aqí tedes un video dese lambonciño de verde limón que tan ben nolo fixo pasar polas Letras, nonsi?
Queridos pais e nais, os vosos nenos e nenas fixéronno moito mellor, xa o veredes!

Do paso do tempo

Que hora é na Coruña?
Que hora é en Arteixo?
Aínda que non sexas Manu Chao, si eras da Coruña coma o seu pai, aprende sen problemas, e terás tempo de cantar.
Cinco enlaces de tempo e tres para ir aprendendo a repartir ben, que todo non é dividir.

1 O reloxio paso a paso, clica. 


4 Lustros, seculos, milenios, aínda que sexas moi novo, investiga e presume de saber moitas cousas cos avós. Clica.

5 En que ano do III Milenio naciche? O calendario no teu rato.

Como andamos a celebrar cumples e festas varias, convén que vaias aprendendo a cortar tortas:
1  Clica e as fraccións non se resistirán.
Comproba o que aprendiche.

3  E aprende máis, clica.

16.5.13

De Letras


3.5.13

Radio Furoca



 El Noticiero de Arteixo publica unha reportaxe sobre Radio Furoca. A nosa clase grande seguidora vosa quere felicitar a todos os que fan posible este traballo. Aquí os temos en persoa e en directo.

De ciencia

 

De onte, de hoxe e de mañá

 Onte visitáronnos os avós e avoas da Baiuca e aprendéronnos xogos de cando eles eran nenos... Xa pasou algún tempo, verdade? Pero entusiasmaron a todos as carreiras de chapas, a billarda, a mariola como debe ser, o aro de ferro... Por certo:

 Hai lume nesta casa?

Graciñas por esta visita tan proveitosa avós e avoas. Xa vedes como sopra o Nordés no patio, pero os netos pagan a pena, nonsi? Sodes estupendos!

Hoxe temos un día cheo de sol e maio xa peta na porta, que vos parece se dades unha voltiña ata o parque de Santa Margarida? Alí poderedes dar un pasea pola Ciencia e visitar de novo as estrelas que tanto nos gustaron. Apuntate!
Que non podes ir? Todo ten solución na vida, clica na imaxe ou neste enlace e disfruta.

2.5.13

De Letras

Aí ven o maio de flores cuberto,
 puxéronse á porta petándome os nenos, 
os puchos furados pra min extendendo
 pedíronme crocas, dos meus castiñeiros.
 Pasai rapaciños, calados e quedos, 
que o que é polo de hoxe que darvos non teño.

Manuel Curros Enríquez 



Un maio de letras para sos nosos nenos e nenas


ROBERTO VIDAL BOLAÑO, LETRAS 2013

Webquest sobre o autor

 Realizado polo  CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, Ferrol