20.1.09

Toma de posesión




Hoxe en Estados Unidos de Norteamérica é un día moi especial. Un novo Presidente vai ocupar o despacho oval da Casa Blanca. Cada vez que esto acontece é unha festa porque é a resposta a un acto democrático, pero a toma de posesión do 20 de xaneiro de 2009 é aínda mais especial.


Por primeira vez o Presidente vai ser unha persoa que representa ás minorías étnicas, é unha persoa de color, e ademáis, a súa nai branca e o pai de color, por eso todo o mundo síntese un pouco representado por el,
Ás 6 da tarde hora española terá sugar o acontecemento, non volo perdades, o camiño foi moi longo, e Obama quixo simbolizalo con esa viaxe en tren que realizara Linconl, pagará a pena chegar canda el. Os tempos mudaron.


- Sabes por que escolleu Obama esta viaxe simbólica en tren segundo o que fixera Lincoln?
- Sabes cantos presidentes americanos houbo antes que Obama?
- Sabes o ano en que a poboación de color de Estados Unidos obtivo o dereito ao voto?