30.12.14

Xa veñen


Na nosa ´temos fermosos cantos de Nadal, Panxoliñas e Cantos de Reis. votade una ollada a este fernosos vídeos para disfrutar dun Nadal  na nosa vella lingua. Graciñas a Fuxan os Ventos e a Quenlla, a tantos outros que manteñen os nosos cantares vivos e as nosas tradicións.





Estamos á espera da chegada das súas Maxestades, tódolos  nenos e nenas  foron moi bos e os de 3º  A  moi estudiosos e traballadores e solidarios,  maxestades, palabra de Manuela, deixaron este agasallo para vostedes.
Feliz Viaxe!

18.12.14

Motín na Biblioteca

Acababan de comezar unha boa singradura, a tripulación no seu sitio, os distintos traballos ben distribuídos. Todo ía vento en popa, a Capitana decidiu estudar rutas e posibles bancos de pesca novos…., e dicir descansar no cuarto de garda.
Non pasaran nin cinco minutos, cando oíu petar na porta uns golpes, seguido de un barullo de voces, ou ao revés.
-Non hai dereito! O Mariñeiroun de garda non está a cumplir o seu traballo, Capitana.
A Capitana xa tivera antes algunha queixa da tripulación. O mariñeiro responsable de repartir libros na biblioteca liábase un pouco, era novo e listo. Conseguira acalar aquelas voces primeiras:
 -Dádelle un tempo.
-Mire Capitana, eu debería estar ao cargo da Biblioteca. Correspóndeme repartir libros á tripulación os xoves. Hoxe é xoves, non si?
-Si, ten vostede razón Mariñeiracatro, é xoves.
- Logo eu debería estar a repartir libros, pero nin podo, nin teño tarefa algunha porque o Mariñeiroun, non deixa, nin a min, nin a ninguén.
Foi necesario suspender os novos proxectos e acudir ao camarote de reparto de libros. Ao chegar oíanse voces alporizadas. Tiña que amainar aquela protesta, estaba a piques de se converter en unha auténtica rebelión. Unha rebelión no seu barco non a consentiría nunca, endexamais!
 -Non nos deixa é verdade, repetiron as Mariñeiros Dous e Tres e as  Mariñeirs Cinco e Seis, pode comprobalo, pídalle un libro. Capitana,
-Pero, quen entregou este libro, nin ficha ten?
-Non sei, déixao por aí.
-Pois este outro ten tres… Vaia un estrago de fichas, ai que controlar o gasto de papel!
-Iso é o que lle estou a dicir, non se sabe quen o leu , non teñen ficha, están aí, un Bala perdida aburrido no medio  dos libros lidos para volver ao seu sitio, pero non se pode coller porque non se sabe quen o leu…
-Un Bala Perdida, perdido? -preguntou a Capitana apunteime para o ler....
-Eu tamén levo semanas apuntada para podelo ler!
-A calar! Apunte mentres eu resolvo este misterio.
-Mariñeiroun queda destituído da súa responsabilidade.
-Mariñeiracatro, asuma o mando, queda vostede encargada da Biblioteca.
 E todo volveu á normalidade, e a Capitana puido volver ao cuarto de garda, levaba na man o codiciado Bala Perdida.
Manuela

12.12.14

Biblioteca de aula

Amigos e amigas a Biblioteca de clase está de moda, a lista de lectores  vota fume, nos próximos días os nenos e nenas que están a ser responsables nos dirán a relación dos máis leóns.
Parabéns a todos e todas, lectores e sobre todo aos responsables, porque están a facer un traballo de servizo aos demáis compañeiros xenial. Parabéns!
Requisitos para ser un  león da nosa biblioteca:
Querer aos libros
Ficha de lectura do libro
Disfrutar coa lectura
Compartir cos compañeiros e compañeiras

Como agasallo especial, deste ano adicado a Platero, deixamos este enlace, para que podades ver o que fixeron os nenos e nenas de Andalucía, clica na imaxe:



 Clica na imaxe para Platero virtual, porque eres un xenio das TICs:



5.12.14

Rex

Este es Rex. mi mascota. Rex es un mastín asturiano muy grande y bueno, pero no es de aquí, él y  su hermana Bamba son asturianos y los dos son perros pastores.
Siempre voy en navidades y en verano. Una vez llevé a dos amigos y se lo pasaron muy bien jugando con ellos.
Cuando llego,  a veces no me conoce al principio, y otras sí. Me encanta jugar con ellos.
También tengo otro que se llama Dexter, ya os hablaré de él otro día.

> Lucas

3.12.14

De conto

Amigos e amigas, vivimos nun país de contos, como poderedes ver por estas aportacións dos nenos e nenas de terceiro, e aínda hai máis!


El niño obediente


Hace muchos años en un lugar llamado Rañobre  había casas pequeñas, carreteras árboles e insectos. La gente que vivía allí era muy feliz.
Un niño llamado David quería ir al parque con sus abuelos, tías y tíos, pero resulta que estaba lloviendo y el niño quería ir igual. Le daba lo mismo. Sus abuelos le dijeron:
-Está lloviendo y si vamos cogeremos catarro y tú no podrás ir al colegio ni a tus actividades.
El niño lo entendió y dijo:
-¿Iremos cuando no llueva?
Los abuelos dijeron:
-¡Pues claro que sí, cariño!

> Fátima

Juegos peligrosos


Érase una vez  unas hormiguitas que al subir por el árbol oyeron un sonido y una de ellas preguntó:
-¿Qué es eso?
Y le contestaron:

-No es nada.

Pero,  de repente... ¡Era un niño con una manguera! La abrió y las hormigas se cayeron todas del árbol,  tan mojadas, las pobres.

Entonces, su madre le dijo al niño:

-¡Ven aquí!

El niño se fue y las hormigas se recuperaron y al final, ¡todas fueren felices!

> Álvaro


  El camino

Érase una vez dos amigos que vivían en un pequeño pueblo. Un día los dos amigos fueron a jugar juntos al bosque pero cuando quisieron volver a casa, no encontraron el camino.

Uno le dijo al otro:

-¿Has encontrado el camino?
-No, le dijo.

Cuando encontraron el camino de vuelta a casa, al ver a sus padres gritaron muy contentos:

-¡Mamá, papá!
Y nunca más les volvió a ocurrir eso.

> Martina

2.12.14

A rosa



Na miña casa hai unha rosa

marabillosa.
Está no xardín

preto dun carabel

e a súa fermosura

non a esquence ninguén.



O seu talo

é moi fermoso

con moitas follas
pero xeitoso.

por Nayla

29.11.14

A maxia de ler



Ola amiguiñ@s, que tal vai a fin de semana?
Se xa repasaches todo e fixeche as tarefas de clase, podes xogar ao fútbol, baloncesto, nadar e todas esas cousas que tanto nos gusta, tamén é tempo de  cantar, bailar, xogar...
 Pero, se aínda así,  pensas que te estás a aburrir. Nono dudes, busca no noso blog e disfruta co placer da lectura, se non tes ganas de andar a clicar, recoméndoche esta páxina.
Xa me contarás se che gustou. Ata  o luns!




26.11.14

De ler

Suplemento de La Voz ce la escuela de hoxe: clica

Obradoiro de Noticias




Analise da noticia

Título: El mensaje que viajó por mar de Maine a Carnota
Foto: Sí, tamaño mediano
Pé de foto: Los alumnos de O Pindo posan con el barquito que ha llegado desde Maine
Encabezamento: Non
Corpo: Sí, 4 columnas

Onde. Na praia de Quilmas
Que? Unha pequena embarcación atopada por un veciño na praia de Quilmas
Cando: O pasado venres
Quen? Un veciño de Carnota

> Noa
Praia de Quilmas, Carnota

Clicade na imaxe para ver todas as fermosas praias do Concello de Carnota e mesmo o Monte Pindo, boa viaxe



Traballamos.... Pero, onde está Maine?

Aquí

De escribir

Noticias da semana
Seguimento relizado polos nosos reporteiros das noticas de La Voz de la Escuela:

Igualdade

25 + NOVEMBRO = IGUALDADADE

Porque somos iguais, homes e nenos, nemas e mulleres

Por dereito

21.11.14

Por dereito


Lendo A Voz da escola na clase

Tempo de ler, abrimos o xornal, por favor...  Comezade pola Voz da Escola...
Mira, profe: "Día sen deberes"... aquí pon que hoxe non debes poñer tarefas porque é o noso día!
-Ata o xornal nos da a razón!
-Que ben, xa o diciamos nós, non hai dereito a ter que rematar as actividades na casa, total por falar un chisco, non vai pasar nada.
-Nin cálculo, vale, que tamén son deberes....

      OS NENOS,   AS NENAS,   TEMOS  DEREITOS!

                      Dende hai 50 anos                     

20 DE NOVEMBRO de 2014

E non houbo deberes, pero sí moito que pensar, nonsi?

Enlace para A Voz da escola

E para saber máis clica na etiqueta: Efemérides

Tamén podes ler este traballo de Fátima, que nos conta así a noticia:

Data: 22-11-14
Título: Un día sen deberes.... escolares
EncabezamentoUna imagen que mañana los niños podr´n olvidar por un día, para celebrar los 25 años de la Convención de los Derechos del Niño y disfrutar la tarde de tiempo libre sin deberes.
Columnas: Sí, cuatro
Foto:  Sí. grande

Autor: Xoán A. Soler
Claves
!. Día Universal del niño
2. Convención de 1089
3. Comité de los derechos del Niño
4. Los derechos de la Infancia.

> Fátima



Magosto en Celas


Título: El Magosto municipal repartirá más de 500 kilos de castañas en Celas
Pé de foto: Magosto de años anteriores
Noticia:
El Concello de Culleredo organiza para el próximo sábado, el Magosto municipal,  que tendrá lugar a las 18:00 horas en el parque de Celas de Peiro.
Se podrán degustar más de 500 kilos de castañas.

>  Andrea

As castañas

AS  CASTANIÑAS

                                As castaniñas son as castañas
                                                As castañas das vidas.

                                                 Sen elas non sei
                                                 e con elas,  sí sei.

                                                  Ricas e marróns,
                                                 Moi boass son.

                                                  As castaniñas as castañas,
                                                  Sempre bonitas,

                                                  Que fariña de amor
                                                  Amor enteiro
                                                  De un corazón. 

                                                              > Gloria

13.11.14

As marabillas da ciencia




Estamos todos asombrados coa chegada da nave Rosetta ao cometa, mirade que marabilla! Clicade na imaxe e veredes máis no xornal El País.
 
Enlace a La Voz de la Escuela

12.11.14

A castaña de Mael



Amigos e amigas, un ano máis chegou o tempo de magosto, e a señora Amelia, veu á nosa clase coas súas historias  da castiñeira do Rego.





De cando  no patio do cole había unha castiñeira abondosa


Hai moito, moito tempo, no patio do  voso cole había unha castiñeira grande, moi grande, tan grande que para a rodear,necesitábanse a lo menos  os brazos de cen persoas. 
Un día de outono, cando as castañas estaban xa a piques de regañar os dentes,  pasou cerca do Rego un neno.
O neno, non era grande nin pequeno, era un neno normal para a súa idade pero moi  listo. Ao ver os ourizos tan grandes, pensou que podería abanear a castiñeira  por ver se caía algún daqueles fermosos ourizos que mesmo algún parecía de ouro pois o sol estaba a brillar moito.
Sen o pensar máis, foise directamente ao pé do tronco da vella árbore para o abanear e meu dito, meu feito,  abriu os brazos e axitou…

-Quen anda a me facer cóxegas? Non vedes que estaba a durmir porque me agardan días de moito traballo? Xa non se respecta a ninguén.

Mael, que así se chamaba o neno, quedou abraiado e mesmo algo asustado, non moito porque sempre dicía que era moi valente, ao  oír falar á castiñeira.
-Como vai falar unha castiñeira – pensou-  parvadas, alguén estará agochado detrás seguro. E volveu a intentar mover a árbore.
-Estou dicindo que me deixes durmir, rapaz, ou non oes ben!
-E, é a min? Quen fala?
-Si, son eu e fáloche a ti, pillabán,  que andas a me amolar  con tanta cóxega.
-Mael non sabía que dicir, pero pensou que se lle andaban os amigos a gastar unha broma, o mellor era disimular o medo que tiña. Aínda lle deu tempo de coller unha castaña que gardou no peto e votou a correr.
-En non ando a lle facer cóxegas a ninguén, estou abaneando a castiñeira porque algúns ourizos xa comezan a regañar e quero  levar castañas para a merenda.
-Pero con quen falas rapaz? Non vexo a ninguén,  seica toléache,  de que castiñeira falas?
-Non deberías estar na escola neno?
-Xa estou na escola señor,  é o tempo de recreo…

-Veña Mael, corre, xa subiron todos á clase, vannos castigar.

Ao día seguinte no Cole era a festa do Magosto. Tódolos nenos e nenas levaban unha  presiña de castañas para asalas, comelas e despois xogar a unha morea de xogos, era unha festa grande e ás veces viñan gaiteiros e todos bailaban, tamén cantaban as pandeireteiras. Era unha festa moi linda.
Este ano algo fallou,  porque ninguén acordara pedir castañas mordidas nin avisar aos gaiteiros, nin as nenas de actividades de pandeireta prepararan nada.

-Non hai Magosto nenos, dixo a profe,  non se pode organizar  porque non hai castañas. Houbo unha seca tremenda e os castiñeiros non deron castaña ningunha.
Os nenos e as nenas de terceiro comezaron a chorar ao principio e mesmo a se enfadar un pouco… bastante, a dicir a verdade.
-Sinto moito, pero non pode haber Magosto sen castañas.

Mael estaba a piques de abrir a boca para dicir que era inxusto cando notou algo no peto do pantalón, meteu a man e viu que tiña unha castaña. Quen lle metera aquela castaña no peto do pantalón?

-Podo ir ao servizo, por favor? -dixo

No canto de ir ao servizo, votou a correr escaleiras abaixo, tiña pouco tempo e confiaba en que nono vira ninguén.
Coa castaña na man foi ao fondo do patio dos pequenos, dando a volta a todo correr.
Ao chegar, abriu  a man e amosando a dourada castaña, berrou:
- Avoa Amelia,  axuda, non temos castañas!
E toda a clase votou a rir, que dis Mael?
Xusto nese momento, petaron na porta da clase. Xa podedes baixar, as castañas e xa están preparadas.
Que si estaban, chegaba o arrecendo ata alí. 
Vaia Magosto que fixemos! 

Manuela

De coidar a natureza



Noticia do mércores  5 de  novembro

La Voz de la Escuela

Título: O Proxecto Ríos, un paso adiante na protección das correntes galegas

Foto:  Sí    Tamaño::Grande

Pé de foto: Sí. Voluntarios participan nunha campaña de Adega para a limpeza do río Sar ao abeiro do proxecto Ríos.
Columnas: 4
Actividades que nos enseña: Non tirar lixo na natureza e recoller a que tiran os demáis.


> Antía

Para saber máis: Proxecto Ríos




Noticia 


Título: As outras reservas da biosfera de Galicia

Encabezamento: En Galicia contamos con outras cinco reservas da biosfera.Entre os seus obxectivos destacan: conxervar a súa diversidade, investigala e fomentar fórmulas para o desenvolvemento sostible, estimular a educación e formación medioambientais.

Columnas: Non

Fotos: Sí, hai 5 Tamaño: grande

Claves
1. Área de Allariz
2. Terrasdo Miño
3. Río Eo, Oscos e Terras de Burón
4. Reserva da biosfera transfonteira Xurés-Gerés
5. Ancares en Lugo

> Fátima