18.12.14

Motín na Biblioteca

Acababan de comezar unha boa singradura, a tripulación no seu sitio, os distintos traballos ben distribuídos. Todo ía vento en popa, a Capitana decidiu estudar rutas e posibles bancos de pesca novos…., e dicir descansar no cuarto de garda.
Non pasaran nin cinco minutos, cando oíu petar na porta uns golpes, seguido de un barullo de voces, ou ao revés.
-Non hai dereito! O Mariñeiroun de garda non está a cumplir o seu traballo, Capitana.
A Capitana xa tivera antes algunha queixa da tripulación. O mariñeiro responsable de repartir libros na biblioteca liábase un pouco, era novo e listo. Conseguira acalar aquelas voces primeiras:
 -Dádelle un tempo.
-Mire Capitana, eu debería estar ao cargo da Biblioteca. Correspóndeme repartir libros á tripulación os xoves. Hoxe é xoves, non si?
-Si, ten vostede razón Mariñeiracatro, é xoves.
- Logo eu debería estar a repartir libros, pero nin podo, nin teño tarefa algunha porque o Mariñeiroun, non deixa, nin a min, nin a ninguén.
Foi necesario suspender os novos proxectos e acudir ao camarote de reparto de libros. Ao chegar oíanse voces alporizadas. Tiña que amainar aquela protesta, estaba a piques de se converter en unha auténtica rebelión. Unha rebelión no seu barco non a consentiría nunca, endexamais!
 -Non nos deixa é verdade, repetiron as Mariñeiros Dous e Tres e as  Mariñeirs Cinco e Seis, pode comprobalo, pídalle un libro. Capitana,
-Pero, quen entregou este libro, nin ficha ten?
-Non sei, déixao por aí.
-Pois este outro ten tres… Vaia un estrago de fichas, ai que controlar o gasto de papel!
-Iso é o que lle estou a dicir, non se sabe quen o leu , non teñen ficha, están aí, un Bala perdida aburrido no medio  dos libros lidos para volver ao seu sitio, pero non se pode coller porque non se sabe quen o leu…
-Un Bala Perdida, perdido? -preguntou a Capitana apunteime para o ler....
-Eu tamén levo semanas apuntada para podelo ler!
-A calar! Apunte mentres eu resolvo este misterio.
-Mariñeiroun queda destituído da súa responsabilidade.
-Mariñeiracatro, asuma o mando, queda vostede encargada da Biblioteca.
 E todo volveu á normalidade, e a Capitana puido volver ao cuarto de garda, levaba na man o codiciado Bala Perdida.
Manuela