28.4.14

Historia

Estamos a ver o mundo dos avós, cos bisavós. Como cambiaron os tempos!
Para saber máis, se queredes viaxar no tempo, clicade.




23.4.14

Día do libro



Hoxe é 23 de abril! 
Comezamos as clases con este bonito mural que vedes na imaxe, todos o fixemos na libreta, e despois vimos unea presentación da  Escola dos piratas, o libro que tanto nos gustou.
Recordamos a lectura de Don Quixote que fixemos o curso pasado cando eramos pequenos. Se premedes aquí, podedes ver  un capítulo das aventuras de don Quixote, e hai tamén moitas actividades, xogos, debuxos para colorear.
Hoxe, despois do recreo, no tempo de lectura, imos ler no Salón de Actos uns capítulos do noso querido Plaatero, para tódolos nenos e nenas do Segundo ciclo, esperamos non nos trabucar na lectura.
Eleximos este libro porque, Platero como sabedes, cumple 100 anos!

22.4.14

Comezamos





Amigos e amigas comezamos unha nova singladura rumbarumbo ao final de curso, de ciclo.... 
Poñemos rumbo a Qinto.... Preparados? Embarquen
Antes de chegar, temos que dar unha voltiña ao pasado. Así tempo dos bisavós...

 



Volvemos




Despois de disfrutar uns días de descanso  con papá e mamá e os mimos dos avós, os tíos e os padriño e madriña, estamos de volta. A petición de tódolos lagarteiros e lagarteiras, deixamos este video dos paiasos da tele, que estivemos a disfrutar no recreo:! Ola don Pepito
Adicámolo de maneira especial a Jose e a José polo seu santo.

4.4.14

De teatro






Estamos  a rematar o trunestre e tanto traballo trae consigo premios tamén. A semana próxima imos ir ao Teatro Colón da Coruña a ver unha peza de teatro: Valados
O autor é Agustín Fernández Paz


Esta é a historia de Helena e Xoel. Da súa fermosa amizade e da súa vila, chea de vida, ata que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as persoas para convertelas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza co veciño...
Prexuízos adultos suficientes para erguer un VALADO que parte a cidade en dous, deixando a Helena a un lado e a Xoel ao outro.
A rebeldía, o enxeño e o amor que os unen serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir así xuntos aínda que separados.
Un espectáculo no que a través da música, a máis grande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa, lanzamos ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección.

Texto - Agustín Fernández Paz
Dramaturxia - Rubén Ruibal
Espazo sonoro - Manu Clavijo
Espazo escénico e vestiario - Neves Seara
Interpretación - Ramiro Neira, Estefanía Gómez, Xurxo Cortázar
Asesoramento coreográfico - Kirenia Celia Martínez Costa
Asesoramento pedagóxico e guía didáctica - Estefanía Vázquez, David Seisdedos


Para saber máis deixo o enlace a Guía didáctica: Clicade 

2.4.14

De visitas





Mañá imos á Voz de Galicia!

Estamos moi felices porque imos aprender moito. Preparados compañeiros da Voz que alá van os reporteiros do Lagarto. 

De arte














Canto disfrutamos no concerto dos Clásicos, mirade que debuxox máis bonitos fixemos, índa que van con un pouco de retraso. Disculpas aos artistas!