31.12.08

Feliz Nadal

16.12.08

Encoro de Cecebre



O próximo xoves imos visitar o encoro de Cecebre, e o seu entorno. Poderemos camiñar pola fraga onde naceu a marabillosa historia do Bosque animado, ver o Mero e o Barcés...
Estamos impacientes!
Tamén visitaremos as instalacións da depuradora daTelva para aprender como se trata á auga que despois sae pola nosa billa.

11.12.08

Saúdos aos enfermos

Ándannos a rondar os virus perversos da gripe e das catarreiras. Yago e Fani xa se recuperon, Carla e Antonella tamén, Rodri que volveu onte, está de novo padecendo os virus.
Alex levaba xa varios días sen vir e estabamos preocupados, non vén ata o luns.
Onte chamou a Fani, para preguntar polos deberes , eso está moi ben Alex, esperamos que vos melloredes tí e Rodri, e volvades á clase canto antes.
Bicos de tod@s!

Os ecosistemas

A volta ao mundo en 8 minutos







Hoxe o día estaba chuvioso, o ceo cincento asomaba aos nosos cristais e tiñamos un control...
Como nono podiamos evitar, quixemos facelo máis tarde e eso valeu. Puxémonos a traballar en Galego e o ceo, moi serio, aínda máis gris.
Quen puidera estar na praia! -dixemos.
-Por que non?
-Eu quería estar na Arxentina, eu en...
-E por que non dar a volta ao mundo en 80 días?
En 80 días non podemos, pero en 8 minutos demos a volta ao mundo, veredes:
Viaxamos a París, ao Brasil, á Arxentina, a Gran Bretaña, ao Sáhara, a Cuba, -porque Noe quería ir a Bélxica primeiro, e ao costar o mesmo, foi máis lexos-, a Holanda... e a máis arriscada ao Polo Norte a ver o sol de Medianoite.
Teredes noticias nosas!

Declaración Universal dos Dereitos da Persoa

Onte cumplíronse sesenta anos da Declaración Universal dos Dereitos da Persoa, parece moito tempo, pero ata ese momento non pensaron que facía falta escribir unha Declaración que os recollese, foi un grande avance e aínda nos queda moito camiño por andar.
A ONU (Organización de Nacións Unidas) convidounos a todos a celebrar este acontecemento.

9.12.08

E de Yasmina







A súa irmá pequena

Aniversario de Karima

4.12.08

O arco da vella


O arco da vella
brilando coma o sol
apagado como a lúa,
de coloríns e alegría.

O arco da vella
alegre coma o sol
xoguetón como a lúa
e todos os nenos cantan

ao arco da vella

A la flor del romero

A la flor del romero,
romero verde.
Si el romero se seca,
ya no florece.

Ya no florece,

ya ha florecido:
a la flor del romero
que se ha perdido.

A la flor, a la pitiflor,

a la verde oliva,
a los rayos del sol
se peina la niña,


En un poco de agua
se mira al espejo
por no tener los cuartos
para un espejo.


Anónimo


Nosotros:

En la orilla del río
se peina Karima;
y el agua le dice
eres muy linda.




2.12.08

As plantas

Estivemos a traballar un tema que nos gustou moito e co que aprendimos mogollón, mesmo aprender a falar coma se fosemos plantas e dicir todo o que nos pasaba e facíamos, debuxamos, collimos e clasificamos follas, obsevamos como pouco a pouco as árbores do patio ían mudando a cor das súas follas e perdéndoas...

O Arco da Vella nos visita

Nestes días tan fríos e saraibosos pasan cousas ben bonitas que nos temperan sobre todo o corazón, coma esta visita do arco da vella asomándose á xanela da clase e... o que ben sabe mirar dous poderá atopar!
O arco da vella
no ceo subido,
co seu colorín,
co su colorido...