11.12.08

A volta ao mundo en 8 minutos







Hoxe o día estaba chuvioso, o ceo cincento asomaba aos nosos cristais e tiñamos un control...
Como nono podiamos evitar, quixemos facelo máis tarde e eso valeu. Puxémonos a traballar en Galego e o ceo, moi serio, aínda máis gris.
Quen puidera estar na praia! -dixemos.
-Por que non?
-Eu quería estar na Arxentina, eu en...
-E por que non dar a volta ao mundo en 80 días?
En 80 días non podemos, pero en 8 minutos demos a volta ao mundo, veredes:
Viaxamos a París, ao Brasil, á Arxentina, a Gran Bretaña, ao Sáhara, a Cuba, -porque Noe quería ir a Bélxica primeiro, e ao costar o mesmo, foi máis lexos-, a Holanda... e a máis arriscada ao Polo Norte a ver o sol de Medianoite.
Teredes noticias nosas!