27.11.07

Obradoiro TIC


As nosas visitas á aula de Informática non son tantas como quixéramos, pero... aproveitámolas ben!
Mirade como traballa Brais.

O rato namorado








Este fermoso poema de Antonio García Teijeiro, gustounos moito, e a vos?


UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:
-“NUNCA REPARAS EN MIN,
POR ISO VIVO NA RÚA
METIDO NUN CALCETÍN.”





ELA FITOUNO ABRAIADA.
DÉRONLLE GANAS DE RIR.
DAQUELA APAGOU A LÁMPADA
E DISPÚXOSE A DURMIR.





POLO DESPREZO DA LÚA
O RATIÑO, ALPORIZADO,
BERROULLE CON MOITA FORZA:
-“XA NON ESTOU NAMORADO !”






Lueiro de papel” ...

Antonio García Teijeiro

26.11.07

Contos de todos

. por

Contos de todos




. por Pili Cotelo

Narrador



Érase unha vez unha rá chamada Bruna que quería ser unha princesa, pero non sabía como facer.
Un día ía Bruna camiñando por un parque e encontrouse cunha antiga amiga. E Bruna saudouna:


B-Ola canto tempo, que tal che vai a vida? -As amigas danse bicos-.


S-Pois moi ben, e ti que tal? -Contesta Sara.


B-Bo non moi ben.


S-E iso? -Responde Sara toda sorprendida.
B-E que quero ser unha princesa.
S-Ah siii!!! Eu vouche axudar.
B-E como...? -Mira moi ilusinada.

S-Pois casándote co meu irmán Rufino, é o principe de Roma tan soio tes que escribirlle unha carta, el contestarache.... e xa está –Dille Sara.

Narrador

Bruna fixolle caso a Sara decidiuse a escribirlle a Rufino. Ao cabo de dous dias recibiu unha carta súa e... ¡xa tiña unha cita!
En menos de dous meses foi o seu gran dia CASABASE!!! Agora está moi feliz de casarse e ademais conseguíu o seu soño.
E era unha ¡¡princesa moi bonita!!

Representan
Jéssica Calvete, Adrián Esmorís e Pili Cotelo


Contos de todos

. por Yéssica Cotelo

Había unha vez unha rá, a que lle gustaba moito comer. Un día coñeceu a un patiño moi bonito, chamábase Rufino, e sabía onde había moita clase de comida.
A Rufino caíalle tan ben a rá Bruna que o patiño levou a Bruna onde había moita comida rica. Bruna púxose tan contenta que foron amigos para sempre.

As nosas mascotas


. por Sofía




Miña cadela chámase Serena, é pequena, ten o pelo longo de cor gris e negro e a súa cola é peluda.

Gústalle moito xogar na herba o seu xoguete preferido é un pequeno óso de peluxe co que se divirte moito, ademáis, gústalle pasear e correr non parque, é moi cariñosa e descnfiada.

21.11.07

Páxina a páxina

O coñecemento no teu rato:

Fai clic e verás cousas moi interesantes, meu amig@

O rato namorado 3


13.11.07

O rato namorado (2)


12.11.07

O rato namorado



7.11.07

PARA TALLAR UNHA CABAZA


Este ano no Magosto, celebramos tamén o Samaín e trouxemos cabazas talladas ao Colexio, pero antes tivemos que aprender a tallalas.
Brais debuxou a este pobre homiño asustado ao ver a semellante monstro. Aínda segue así no corredor ao lado da clase.
Redacción

5.11.07

Queres ser un supersabio?

Se a túa resposta foi ...

SÍ!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!



Utiliza esta páxina.

O mundo animal no teu rato

Apaisoante viaxe virtual a un zoo, para saber todo sobre os animais: fichas, familias


Clica

Viaxe polo cerebro

Queres saber como funciona o teu cerebro, visita esta interesante enlace e serás un lince!

Xeometría



Nesta páxina podemos traballar concenptos de simetría e as súas aplicacións prácticas.


Non vola perdades!