27.11.07

O rato namorado








Este fermoso poema de Antonio García Teijeiro, gustounos moito, e a vos?


UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:
-“NUNCA REPARAS EN MIN,
POR ISO VIVO NA RÚA
METIDO NUN CALCETÍN.”





ELA FITOUNO ABRAIADA.
DÉRONLLE GANAS DE RIR.
DAQUELA APAGOU A LÁMPADA
E DISPÚXOSE A DURMIR.





POLO DESPREZO DA LÚA
O RATIÑO, ALPORIZADO,
BERROULLE CON MOITA FORZA:
-“XA NON ESTOU NAMORADO !”






Lueiro de papel” ...

Antonio García Teijeiro