26.4.07

Día da árbore




> por Sofía Anneris Battó


Para celebrar o Día da árbore os de 5º A e C do noso Colexio, plantamos unha figueira no patio.

Primeiro, Daniel R. meteu a árbore no burato que xa estaba feito, e aguantouna ben para que quedase dereitiña.

Cristian votoulle o abono e cada un de nós, fomos votando terra para encher o burato, despois pisámola ben para que quedase ben bonita e a profe sacounos fotos.

Aí vén o maio...



“Aí vén o maio
de flores cuberto,
puxéronse á porta
cantándome os nenos.”

Aí vén o maio,

Letras vai traendo…


Letras son palabras,
son verbas, poemas.


Verba que comenza…

Con agulla de ouro
e fíos de seda,
María vai cosendo,
palabra a palabra,

Palabra no tempo…


Aí vén o maio.
O maio que eu quero,
e mil primaveras
para a Lingua Galega.


Manuela Canosa
LETRAS 2007

25.4.07

Galicia en mapas


Neste vínculo, tedes toda a Comunidade a un só clic do voso rato.

Castro de Viladonga




Como é tradicional no Colexio,os alumnos de 5º curso realizan unha visita cultural ao Castro de Viladonga.


Para írmonos familiarizando coa cultura castrexa, aquí tedes uns enlaces a tódolos castros da nosa comunidade, é un paseo ben fermoso, non bolo perdades!





Este enlace ao Museo do Castro de Viladonga, permítenos facer unha visita virtual, e tamén atoparedes información en xeral do castro aquí: Un día no Castro de Viladonga


BOA VIAXE!

Concerto no Palacio de Congresos





> por Melanie Guillín

Información OSG


Hoxe día 25 de abril, fomos de excursión ao Palacio de Congresos da Coruña. Polo camiño pasamos pola autovía AG-55 Paiosaco-Arteixo.

Ao chegar, como somos moi puntuais, tivemos que agardar a saída dos anteriores nas escaleiras que son moi bonitas, por certo, e vimos a Eladia e Mabel, dúas profesoras que estiveron antes no Colexio.

Había un concerto, levaba por título: “A Percusión na música”. Escoitamos varios fragmentos musicais, interpretados pola Orquestra Sinfónica de Galicia. O que máis me impresionou foi un grupo que tocaba con cubos e caldeiros de pintura.
Pero ao comezo, déronnos un gran susto, quedou todo a escuras e baixaron uns homes con barba grande e cuns vestidos polos xeonllos, que eran sacos.
Pasámolo moi ben, espero volver outro día!

Concertos Didácticos na Coruña






Hoxe imos asistir a un concerto didáctico organizado polo Concello, no Pazo da Ópera da Coruña.


Xa vos contaremos!




Pili Cotelo

23.4.07

¡Hoy puede ser un gran día!










¿Por qué?

Proxecto Voz Natura


O noso Colexio participa no Programa Voz Natura.

Cada curso plantou unha árbore e plantas aromáticas que temos que coidar.

Aos alumnos/as de 5º A e C correspondeunos plantar unha figueira e fixemos un traballo sobre a nosa árbore.

Para saber máis podemos ver estas direccións:

Wilkpedia



Botánica


Virtudes medicinais da figueira


Unha páxina moi completa



12.4.07

El valle del Jerte




> por Pili Cotelo


El valle del Jerte se extiende por parte de la provincia castellano-leonesa de Ávila y por la extremeña de Cáceres en el centro-oeste de España.
Es famoso por el cultivo de árboles frutales, cerezos, que al florecer en primavera consiguen un espectáculo único. También hay cultivos de algodón, cereales, vid y olivar.

El valle es cruzado por el río del mismo nombre, Jerte, que es afluente por la izquierda del Alagón, y subafluente del Tajo.
Nace en el puerto de Tornavacas, dominado por el pico de Calvitera (Sierra de Gredos) Discurre en esta sierra y en la de Béjar. Pasa por el Castañar y Plasencia donde describe una gran curva y riega su fértil huerta, sigue por Carboso y Galistero y entrega sus aguas al Alagón.



Mar de Caión





> por Beatriz Mallo

A praia de Caión

O día 10 de abril ao chegar, fomos á sala de Audiovisiuais para ver unha pesentación sobre animais e plantas que viven cerca do Mar.
Despois deso subimos ao autobús e fumos á praia de Caión. Alí déronnos unha ficha para apuntar todo o que víamos, gueivotas, algas, etc.
Fixemos grupos e propuxéronnos xogos nos que tiñamos que atopar o que nos dicían, algas, plumas de gueivota pola praia, e nas penas lapas e chupóns.
Tamén vimos na area mexillóns, atopamos nas pozas un queimacasas, que é un cangrexo moi pequeno e de cor negro.
A monitora que se chamaba Bea, ensinounos un caramuxo.
Ao día seginte, tivemos un obradoiro cos outros monitores, Pedro e Leticia, primeiro fixemos un cubo de cartolina con animais de mar en cada cara, despois ao tiralos ao chan tiñamos que ir dicindo as súas características.
No patio, xogamos tamén para aprender a cadea alimentaria, quen come a quen, pero tiña un nome raro que non recordo.