20.1.07

Falemos de loros


Imaxe

Traballo realizado por: Beatriz Mallo

Entrevista a Laura


4 Melanie Guillín Martínez
Ilustración: Melanie
Laura, cando comezache a practicar ximnasia rítmica?
-Comecei aos oito anos.
-Canto tempo entrenas ao día?
-Tres horas.
-Por que te interesache pola ximnasia?
-Porque ao velo na televisión, pareceume un deporte moi bonito.
-Hai moito tempo que participas nas competicións?
-Comecei a competir no ano 2001.
-Utilizas algún obxecto para entrenar, cal é o teu preferido?
-Varios, pelota, aro, o meu favorito é a cinta pola súa dificultade de controlar, semore se pode liar no último momento...
-É o que máis puntúa?
-Non, todos puntúan igulal, temos ai uns movementos obligatorios que facer en cada exercicio, e os erros van descontando da puntuación de partida.
-Ata que idade pensas seguir?
-Ata os dezaoito anos.
-Os teus pais anímante?
-Si, moito.
-É perigosa o a túa práctica deportiva, se tiveras algún accidente qué pasaría?
-Se tivese unha mala caída, podería quedar paralítica.
-Ensaias na casa?
-Non.
-Cal foi o campionato máis importante en que participache?
-O do ano pasado, o Campionato de Galicia, quedei primeira.
-Recordas o teu primeiro estiramento favorito?
-Sí, o sapo.
-Cómo se fai...?
-Así...
E Laura estirouse para nós ao momento, e tamén ao momento oíuse no ximnasio, un: Ai!, Oooooh! De admiración de tódolos presentes esvaecidos por un forte aplauso.

Laura


A profesora de Educación Física, dona Natalia , invitou á súa sobriña Laura, a unha exhibición ante os seus alumnos.
Laura que nos últimos campionatos foi proclamada, campiona de Galicia de Ximnasia Rítmica, estudia 2º de ESO no IES de Narón, é ademáis de boa ximnasta, e boa estudiante, e animounos a todos a estudiar moito.
Desgraciadamente o noso grupo, non puido asistir á exhibición nesta ocasión por incompatibilidade horaria, pero a encantadora Laura prometeu volver noutra ocasión.
Moi amable, tivo a xentileza de conceder aos redactores de O Lagarto unha rolda de prensa. Ao remate da mesma, mesmo tivo amabilidade de facer algúns movementos ximnásticos para acompañar as preguntas dos reporteiros, prestouse a ser fotografiada con eles e asinoulles autógrafos.
Redacción

11.1.07

O corpo humano

Se queres saber máis... Non dubides de dar longos paseos por este camiño para coñecer ben o funcionamento do corpo humano.


Neste enlace, un pouco diferente, suguro que te divertirás...

E aquí tés moitas actividades para aprender xogando!

Aparato circulatorio




Nesta páxina poderás traballar moi ben a circulación do sangue.

9.1.07

Informática para pequerrechos



Os nenos e nenas de As Revoltiñas veñen todos os martes á Aula de Informática e nos deixaron debuxos para O Lagarto.

Os nosos amigos nos visitan


María Calvete e Iván Romero da escola de As Revoltiñas fixeron este debuxo tan fermoso para O Lagarto.

8 de xaneiro: Volta á clase

Despois dun tempiño de vacacións, volvimos á escola con moitos azos para aprender novas e interesantes cousas.
A obriña que representamos no Festival de Nadal saíunos moi ben, e moitos mestres e compañeiros nos felicitaron. Xa vos amosaremos as fotos!