29.11.14

A maxia de ler



Ola amiguiñ@s, que tal vai a fin de semana?
Se xa repasaches todo e fixeche as tarefas de clase, podes xogar ao fútbol, baloncesto, nadar e todas esas cousas que tanto nos gusta, tamén é tempo de  cantar, bailar, xogar...
 Pero, se aínda así,  pensas que te estás a aburrir. Nono dudes, busca no noso blog e disfruta co placer da lectura, se non tes ganas de andar a clicar, recoméndoche esta páxina.
Xa me contarás se che gustou. Ata  o luns!




26.11.14

De ler

Suplemento de La Voz ce la escuela de hoxe: clica

Obradoiro de Noticias




Analise da noticia

Título: El mensaje que viajó por mar de Maine a Carnota
Foto: Sí, tamaño mediano
Pé de foto: Los alumnos de O Pindo posan con el barquito que ha llegado desde Maine
Encabezamento: Non
Corpo: Sí, 4 columnas

Onde. Na praia de Quilmas
Que? Unha pequena embarcación atopada por un veciño na praia de Quilmas
Cando: O pasado venres
Quen? Un veciño de Carnota

> Noa
Praia de Quilmas, Carnota

Clicade na imaxe para ver todas as fermosas praias do Concello de Carnota e mesmo o Monte Pindo, boa viaxe



Traballamos.... Pero, onde está Maine?

Aquí

De escribir

Noticias da semana
Seguimento relizado polos nosos reporteiros das noticas de La Voz de la Escuela:

Igualdade

25 + NOVEMBRO = IGUALDADADE

Porque somos iguais, homes e nenos, nemas e mulleres

Por dereito

21.11.14

Por dereito


Lendo A Voz da escola na clase

Tempo de ler, abrimos o xornal, por favor...  Comezade pola Voz da Escola...
Mira, profe: "Día sen deberes"... aquí pon que hoxe non debes poñer tarefas porque é o noso día!
-Ata o xornal nos da a razón!
-Que ben, xa o diciamos nós, non hai dereito a ter que rematar as actividades na casa, total por falar un chisco, non vai pasar nada.
-Nin cálculo, vale, que tamén son deberes....

      OS NENOS,   AS NENAS,   TEMOS  DEREITOS!

                      Dende hai 50 anos                     

20 DE NOVEMBRO de 2014

E non houbo deberes, pero sí moito que pensar, nonsi?

Enlace para A Voz da escola

E para saber máis clica na etiqueta: Efemérides

Tamén podes ler este traballo de Fátima, que nos conta así a noticia:

Data: 22-11-14
Título: Un día sen deberes.... escolares
EncabezamentoUna imagen que mañana los niños podr´n olvidar por un día, para celebrar los 25 años de la Convención de los Derechos del Niño y disfrutar la tarde de tiempo libre sin deberes.
Columnas: Sí, cuatro
Foto:  Sí. grande

Autor: Xoán A. Soler
Claves
!. Día Universal del niño
2. Convención de 1089
3. Comité de los derechos del Niño
4. Los derechos de la Infancia.

> Fátima



Magosto en Celas


Título: El Magosto municipal repartirá más de 500 kilos de castañas en Celas
Pé de foto: Magosto de años anteriores
Noticia:
El Concello de Culleredo organiza para el próximo sábado, el Magosto municipal,  que tendrá lugar a las 18:00 horas en el parque de Celas de Peiro.
Se podrán degustar más de 500 kilos de castañas.

>  Andrea

As castañas

AS  CASTANIÑAS

                                As castaniñas son as castañas
                                                As castañas das vidas.

                                                 Sen elas non sei
                                                 e con elas,  sí sei.

                                                  Ricas e marróns,
                                                 Moi boass son.

                                                  As castaniñas as castañas,
                                                  Sempre bonitas,

                                                  Que fariña de amor
                                                  Amor enteiro
                                                  De un corazón. 

                                                              > Gloria

13.11.14

As marabillas da ciencia




Estamos todos asombrados coa chegada da nave Rosetta ao cometa, mirade que marabilla! Clicade na imaxe e veredes máis no xornal El País.
 
Enlace a La Voz de la Escuela

12.11.14

A castaña de Mael



Amigos e amigas, un ano máis chegou o tempo de magosto, e a señora Amelia, veu á nosa clase coas súas historias  da castiñeira do Rego.





De cando  no patio do cole había unha castiñeira abondosa


Hai moito, moito tempo, no patio do  voso cole había unha castiñeira grande, moi grande, tan grande que para a rodear,necesitábanse a lo menos  os brazos de cen persoas. 
Un día de outono, cando as castañas estaban xa a piques de regañar os dentes,  pasou cerca do Rego un neno.
O neno, non era grande nin pequeno, era un neno normal para a súa idade pero moi  listo. Ao ver os ourizos tan grandes, pensou que podería abanear a castiñeira  por ver se caía algún daqueles fermosos ourizos que mesmo algún parecía de ouro pois o sol estaba a brillar moito.
Sen o pensar máis, foise directamente ao pé do tronco da vella árbore para o abanear e meu dito, meu feito,  abriu os brazos e axitou…

-Quen anda a me facer cóxegas? Non vedes que estaba a durmir porque me agardan días de moito traballo? Xa non se respecta a ninguén.

Mael, que así se chamaba o neno, quedou abraiado e mesmo algo asustado, non moito porque sempre dicía que era moi valente, ao  oír falar á castiñeira.
-Como vai falar unha castiñeira – pensou-  parvadas, alguén estará agochado detrás seguro. E volveu a intentar mover a árbore.
-Estou dicindo que me deixes durmir, rapaz, ou non oes ben!
-E, é a min? Quen fala?
-Si, son eu e fáloche a ti, pillabán,  que andas a me amolar  con tanta cóxega.
-Mael non sabía que dicir, pero pensou que se lle andaban os amigos a gastar unha broma, o mellor era disimular o medo que tiña. Aínda lle deu tempo de coller unha castaña que gardou no peto e votou a correr.
-En non ando a lle facer cóxegas a ninguén, estou abaneando a castiñeira porque algúns ourizos xa comezan a regañar e quero  levar castañas para a merenda.
-Pero con quen falas rapaz? Non vexo a ninguén,  seica toléache,  de que castiñeira falas?
-Non deberías estar na escola neno?
-Xa estou na escola señor,  é o tempo de recreo…

-Veña Mael, corre, xa subiron todos á clase, vannos castigar.

Ao día seguinte no Cole era a festa do Magosto. Tódolos nenos e nenas levaban unha  presiña de castañas para asalas, comelas e despois xogar a unha morea de xogos, era unha festa grande e ás veces viñan gaiteiros e todos bailaban, tamén cantaban as pandeireteiras. Era unha festa moi linda.
Este ano algo fallou,  porque ninguén acordara pedir castañas mordidas nin avisar aos gaiteiros, nin as nenas de actividades de pandeireta prepararan nada.

-Non hai Magosto nenos, dixo a profe,  non se pode organizar  porque non hai castañas. Houbo unha seca tremenda e os castiñeiros non deron castaña ningunha.
Os nenos e as nenas de terceiro comezaron a chorar ao principio e mesmo a se enfadar un pouco… bastante, a dicir a verdade.
-Sinto moito, pero non pode haber Magosto sen castañas.

Mael estaba a piques de abrir a boca para dicir que era inxusto cando notou algo no peto do pantalón, meteu a man e viu que tiña unha castaña. Quen lle metera aquela castaña no peto do pantalón?

-Podo ir ao servizo, por favor? -dixo

No canto de ir ao servizo, votou a correr escaleiras abaixo, tiña pouco tempo e confiaba en que nono vira ninguén.
Coa castaña na man foi ao fondo do patio dos pequenos, dando a volta a todo correr.
Ao chegar, abriu  a man e amosando a dourada castaña, berrou:
- Avoa Amelia,  axuda, non temos castañas!
E toda a clase votou a rir, que dis Mael?
Xusto nese momento, petaron na porta da clase. Xa podedes baixar, as castañas e xa están preparadas.
Que si estaban, chegaba o arrecendo ata alí. 
Vaia Magosto que fixemos! 

Manuela

De coidar a natureza



Noticia do mércores  5 de  novembro

La Voz de la Escuela

Título: O Proxecto Ríos, un paso adiante na protección das correntes galegas

Foto:  Sí    Tamaño::Grande

Pé de foto: Sí. Voluntarios participan nunha campaña de Adega para a limpeza do río Sar ao abeiro do proxecto Ríos.
Columnas: 4
Actividades que nos enseña: Non tirar lixo na natureza e recoller a que tiran os demáis.


> Antía

Para saber máis: Proxecto Ríos




Noticia 


Título: As outras reservas da biosfera de Galicia

Encabezamento: En Galicia contamos con outras cinco reservas da biosfera.Entre os seus obxectivos destacan: conxervar a súa diversidade, investigala e fomentar fórmulas para o desenvolvemento sostible, estimular a educación e formación medioambientais.

Columnas: Non

Fotos: Sí, hai 5 Tamaño: grande

Claves
1. Área de Allariz
2. Terrasdo Miño
3. Río Eo, Oscos e Terras de Burón
4. Reserva da biosfera transfonteira Xurés-Gerés
5. Ancares en Lugo

> Fátima



Tempo de castañas


O venres celebramos o magosto no cole.
Lembrade traer as castañas ben preparadiñas,  para asalas e compartir cos compañeiros e compañeiras.
Graciñas!


Para José

10.11.14

7.11.14

De manteiga

Ai, Sofía! Ti ademáis de ser a nostra fantasía, eres u.nha caixa cheiña de sorpresas. u tampouco poderei esquecerte. Graciñas

4.11.14

Escribir


Enlace a La Voz de la Escuela do mércores

Amigas e amigos, esto vai marchando ben. os nosos reporteiros están a facer as análises das noticias que mais lles gustan, aquí deixo dúas boas mostras que cumpriron os requisitos para seren publicadas.

Noticia elexida de La Voz de la Escuela do mércores 29



Título: Lo que decimos sin hablar        
Encabezamento: Las claves para entender lo que expresamos con el lenguaje no verbal.
Corpo:
Columnas: Sí, son 4 
Foto: Sí, tamaño mediano
Autor: Ana T. Jack

Claves que nos dan:
1. La mirada
2. La distancia
3. La postura corporal
4. Los gestos                                                                                                         

> Fátima




Titulo: El 31 de octubre es el Día do Ensino

Ecabezamento: Austin Buterflay: el vídeo que expone un ejemplo dual de enseñanza y aprendizaje
Corpo: Sí
Columnas: 4
Foto: Sí, tamaño grande
Pé de foto: Descubre  en esta página el vídeo de cómo un niño dibujó una preciosa mariposa con todos sus detalles y colores sin verla, siguiendo solo las indicaciones que le iba dando su profesor
Cómo? Enseñándole a los profesores
Por que? Porque el día 31 de octubre es el Día do Ensino
A quen? A Austin Buterflay
Onde?  En un video de La Voz de la escuela

> Sabela


Nota: Na clase demos as instrucións a Sabela e foi capaz de debuxar unha árbore.