24.4.08

Unha ra motorizada

Bruniña motorizada


. por Beatriz

 
O Lagarto Dixital
Sección: Animais


Queridos lectores, mirade a noticia que atopei, un can ou un gato como mascota é o máis normal, pero unha ra é un pouco raro (a non ser que sexas amigo ou amiga do Lagarto).
Unha señora tailandesa conseguiu que unha ra montara en moto e incluso conducira un camión de xoguete.
A muller, claro está, tiña moita paciencia e forza de vontade e convertíu a súa rara mascota nunha artista de circo.
E aínda máis, dí que lle fala! O peor é entender o que dí. Non credes?



23.4.08

Juan Gelman: Mi Buenos Aires querido

. para Mª Josefina e a súa familia


Juan Gelman, poeta e escritor arxentino, premio Cervantes 2008

MI BUENOS AIRES QUERIDO
Sentado al borde de una silla desfondada,
mareado, enfermo, casi vivo,
escribo versos previamente llorados
por la ciudad donde nací.
Hay que atraparlos, también aquí
nacieron hijos dulces míos
que entre tanto castigo te endulzan bellamente.
Hay que aprender a resistir.
Ni a irse ni a quedarse,
a resistir,
aunque es seguro
que habrá más penas y olvido.
Jan Gelman
> para saber máis clica e máis

As multicolores plumas dos paxaros


. Tradución ao galego de Adrián Felípez Fernández, 6º C

 
LENDA DOS INDIOS SUDAMERICANOS


Cando a noite deixou de ser a raiña do mundo e o sol mostrou por primeira vez a claridade do seu rostro,as flores,as arbores,os animais e a xente,iban revestindose das mais variadas cores.
A herba, humida do rocio, brillaba cos destellos dunha verde esmeralda;as nubes eran suaves e brancascoma o pelo da xoven ovella,incluso o xaugar orgulleciase ante a beleza da sua pel moteada,beleza que por outra parte non merecia.
Ocorreu, sen embargo, que despois de distribuir as cores o Sol olvidou a alguen: ¡os paxaros!
Eran os unicos que seguian sen cor, apizarrados como se os seus corpos tuveran largo tempo no barro. Non cesaban de protestar da mañan a noite con tal inxusticia,pero oSol non chegaba a oir os seus lamentos.
Os paxaros decidiron ir velo e pedirlle as cores. Todos os paxaros reunironse para o largo
viaxe.Os mais fortes iban diante:o Condor e a Aguia,o resto iban detras.So tres quedaron
en terra:o paxaro Hornero,que non podia deixar o seu niño a medio construir,a Golondrina,
que estaba satisfeita coa sua oscura cor,non tiña outro desexo que cantar,e o mais pequenos Colibris: ¿Como podia arriscarse a unha viaxe tan larga coas suas as tan febles?.
Mentres a manada de paxaros se alonxaba.Xa tan cerca do Sol as plumas sentian o calorpero ningun se rinde.
O Sol ve a manada ae pensa que hai que actuar con rapidez senon quere velos reducidos a cinza.Reune a todos aqueles que vagabundean polo ceo:as nubes e a neboa,os nubarrons... e o vento empeza a soprar:
Fiuuuuuu... fiuuuuuu e todas as nubes se unen nun estreito abrazo.A choiva empeza a caer.
Enton o Sol puxose a brillar con todas as suas forzas a traves da chuvia e encima,xusto encima dos paxaros formouse un arco de cores cegadoras:vermello,amarillo, verde añil, violeta...
A Aguia lanzou un grito:

-Mirade!
O Sol escuitou as nosas suplicas!
Todos os paxaros sumerxianse nas cores.
O cardenal pintouse todo de vermello, o ibis bañouse en branco, o flamenco cubríuse de rosa. O tucán tintou o peteiro amarelo e vermello. Deron grazas ao Sol e marcharon contentos e cantando. O ceo enteiro temblou.
O Sol riase e brillaba con forza porque dese agora,cada mañan, se levantarian cos cantos dos paxaros.
Mais... como é posible que o colibri,que non puido chegar ata o Sol, sea o paxaro máis bonito?
Duas gotas caeron no caliz das flores que o colibri mais ama.E cando,aquel dia inclinouse para bicalas co seu fino peteiro, as gotas resbalaron pouco a pouco polo seu corpo e forono pinceleando con todas as cores do iris e das flores.

Un mundo irreal

. por Andrea Cancelo Pastoriza, 6º C
Aconteceu nunca pequena aldea, nun lugar non moi lonxano, uns feitos estraños que só os coñece unha nena, Xandra.
Dende hai moito, Xandra observaba dende a ventá da súa habitación unha casa vella e abandoada, que daba mágoa vela, parecía que se ía caer. Mantivo a súa curiosidade ata que, un día, díxolle á súa nai:
- Vou ir a xogar fóra.
A súa nai díxolle que non tardara, que se ía facer de noite.
Xandra explícoulle á súa nai:
- Volvo axiña, ás sete xa estou de volta.
Cando saíu da casa eran ás cinco. Sabíao porque levaba un reloxo que lle regalaran seus pais.
Sen medo, foise achegando á casa porque era moi valente. Abriu a porta e escoitouse un rechío moi forte que sonou por toda a casa. Ríanse ruídos moi raros e, a cada paso que daba Xandra, as táboas do chan de madeira cruxían.
Cando exploraba unha habitación, viu unha porta moi pequena. Agachouse e entrou. Por un momento só sentía que baixaba por un tobogán ata que aterrizou no medio dun bosque.
Facía moita calor e o Sol parecía brilar con todas as súas forzas. Os animais salvaxes corrían polos prados. Xandra tiña a boca aberta e cando saíu do seu asombro, exclamou:
- Este sitio é precioso!
De súpeto, escoitou unha voz:
-Verdade que si? Chámome Lume e vivo aquí. Como te chamas ti? Como chegaches ata aquí? De onde ves?
Alí apareceu un pequeno trasno. Xandra non sabía que lle decir. Ao final, contestou:
-Chámome Xandra. A verdade é que non che sei explicar como cheguei ata aquí. Encantaríame descubrir o…
De pronto, apareceu unha pequena fada que lle dixo:
-Con moito gusto, ensinarémosche o bosque. Antes quería presentarme. Chámome Auga, porque a miña casa está no río Dourado. Queres vir?
-Claro que quero!
Os tres comezaron a nadar ata as profundidades do río. Alí convivían, polo menos, vinte fadas moi parecidas a Auga.
Xandra mirou o seu reloxo. Non poñía a hora que era. Preguntoulle a Lume:
-Neste país existe o tempo?
-Non. Nós só nos preocupamos de que reine a felicidade.
Xandra estaba cada vez máis preocupada:
-Entón, tereime que marchar. Xa vos visitarei outro día. Teño que voltar á miña casa ás sete.
Despedíronse entre bicos e abrazos e, cando Xandra subiu por unhas escaleiras que parecían chegar ao ceo, Lume díxolle:
-Cando veñas outra vez dime que son as horas!
Xandra xa nin se enterou. Pasou pola portiña e correu cara a súa casa.
Sabía que os volvería a ver no mundo por onde non corre o tempo.

23 de abril: Día del libro






Premio Cervantes 2008









Para celebrar o Día do Libro concédese o premio Cervantes, e cada ano elixen a un autor destacado nas letras castelás, este ano recibeo o poeta arxentino Juan Gelman que pronunciará un discursode agradecemento pola concesión do premio diante do Rei.
A continuación procederáse coma todos os anos á lectura do Quixote, durante todo o día e mesmo na Internet.
O alumnos e alumnas de 6º A sumámonos ao acontecemento e celebramos tamén o Día do Libro con unha exposición de capítulos do Quixote en cómic, pintados por nós en estes dous anos.
Tamén fixemos na clase de Lengua a lectura do Quixote, e disfrutamos tanto, que quixemos compartir a nosa felicidade con todos os amigos colabadores de O Lagarto nas outras aulas da escola, pedimos permiso aos seus profesores e profesoras e puidemos facelo. Moitas grazas.
Como na nosa aula temos tamén unha arxentina que escribe moi ben, comezou a lectura do Quixote Mª Josefina.

21.4.08

De contos: A FLOR DA LILÁ

A nosa amiga Iria, de 6º C remítenos este fermoso conto popular, o seu favorito, para O Lagarto e todos os seus amigos, grazas Iria.
a por Iria Cambón Cotelo, 6º C

Xa fai moito tempo nun país do que xa miña avoa non lembra o nome, vivía un rey que tiña tres fillos. O maior chamábase Felipe, o do medio Alexandre pequeño Carlos.

Un día o rei espertou e mandou avisar a todos os médicos, do reino. Ningún deles deu co mal que padecia o rei. Despois dun tempo apareceu no pazo real unha ancia pidindo ver ao rei o pasar de que os fillos mais vellos non a deixaban pasar, o rei ordenou deixala traela a sua presenza para preguntarlle o motivo da súa visita. A ancia dixolle o rei que ela sabia como curar a sua enfermidade. Falou co rei a soas.Despois de falar os dous chamou aos tres fillos. Dixolles quen un lugar remoto do reino había un lugar cerrado por un portal onde atoparia unha flor que o curaría: a flor da lila.
Calquera dos tres fillos queria saír buscar esa flor que curaba ao seu pai.
O rei enviou a Felipe, o seu primoxénito, Felipe estivo moitos meses na búsqueda desa misión, atopou un cruce de camiños á unha velliña que parou a preguntar se sabía onde se encontraba a flor da lilá, a velliña dixolle a onde ía e que era o que levaba nas costas do seu cabalo.
Felipe moi orgulloso díxolle que eso non era importante e volveulle a preguntar pola flor. A velliña baixou a cabeza e sinaloulle un camiño, nunca atopou a flor.
De volta no pazo, os fillos pedíanlle ao rei ser eles, Alexander, Carlos e tamén Felipe, os que foran buscar de novo a flor de lilá. O rei deixou ir a Alexandre, o seu segundo fillo.
Alexandre pasou o mesmo tipo de penas ca seu irmán maior e tamén cando xa ía abandoar a búsqueda, atopou de novo a velliña á que tamén parou a preguntar.
Ela dixolle a onde ía e que levaba nas costas do seu cabalo. El comentoulle que ía na busqueda da flor da lilá e que levaba comida e bebida para a viaxe, a velliña pediulle comida e unha pouca bebida porque levaba moitos días sen comer. Alexandre negouse a compartir o que tiña, dicíndolle que a el lle facia moita falta para a viaxe de todas formas el queria saber o sitio da flor, a velliña moi triste, baixou a cabeza e sinalou ca man o camiño equivocado.
De novo no pazo real, e os tres ante o rei sen resultados na búsqueda da flor, Carlos rogaballe ao pai poder ir el pola flor.
O rei non queria que o fillo máis novo, e ao que máis quería, saíra na busqueda xa que temía por el. Carlos seguíu rogándolle ao pai ata que conseguíu o permiso para saír.
Correu a mesma sorte que seus irmáns, atopándose coa velliña á que el tamén lle preguntou se sabía do lugar no que se atopaba a flor da lilá.
Ela, igual que aos seus irmáns preguntoulle que era o que levaba nas costas do seu cabalo e pediulle unha pouca comida máis bebida.
Carlos deulle todo o que tiña á velliña e esta dixolle que atoparía a flor despois dun portal que había seguindo o camiño que ela lle dixera. Tiña que coller a flor moi rápido, xa que o portal permanecia aberto moi pouco tempo.
Carlos fixo todo o que a velliña lle mandou e volvía a casa coa flor para o seu pai,
pero el non sabía que o pai moi preocupado, mandara a seus irmáns na súa busqueda e estes ao velo ca flor que eles non foran capaces de conseguir, quitáronlla e tirárono por un barranco, no que Carlos perdeu a vida.
Os dous volveron o pazo coa flor pero dixeron que non sabían nada de seu irmán.
O rei curou, e para celebralo daba un banquete para todos os seus súbditos aínda así, non conseguía olvidar ao seu fillo máis novo. Non sabía que no banquete había un pastorciño que lle ía resolver o misterio.
No trancurso da festa o pastor colleu a súa frauta e comenzou a tocar:


" PASTORCIÑO NON ME TOQUES
NIN ME DEIXES DE TOCAR,
OS MEUS IRMANS ME MATARON
POLA FLOR DA LILÁ."

18.4.08

Que serei, que será






¿Que cousa tés que gardar despois que a acabas de dar?






O prometido Galego en liña

14.4.08

Coñecendo España

Montañas, ríos, temperaturas, precipitacións....
Os amigos de O Lagarto teñen pouco tempo para lle adicar, por iso remexeu e atopou estas páxinas para os axudar:

a Mapa interactivo de España físico e socioeconómico

a Actividades

a Mapa a mapa nun clic

9.4.08

1.4.08

Rosiña de abril







Rosiña de abril











Rosalía de Castro



Nasín cando as prantas nasen...




Nasin cand' as prantas nasen,


no mes das froles nasin,


nunh' alborada mainíña,


nunh' alborada d' abril.



Por eso me chaman Rosa


mais á dó triste sorrir


con espiñas para todos


sin ningunha para tí.



Dés que te quixen, ingrato,


tod' acabou para min,


qu' eras tí para min todo


miña groria e meu vivir.





De que pois te queixas, Mauro?


De que pois te queixas, di,


cando sabes que morrera


por te contemplar felis?





Duro crabo me encrabaches


con ese teu maldesir,


con ese teu pedir tolo


que non sei que quer de min,


pois dinche canto dar puden


avariciosa de ti.





O meu corason che mando


c' unha chave par' ó abrir,


nin eu teño mais que darche,


nin ti mais que me pedir.