21.4.08

De contos: A FLOR DA LILÁ

A nosa amiga Iria, de 6º C remítenos este fermoso conto popular, o seu favorito, para O Lagarto e todos os seus amigos, grazas Iria.
a por Iria Cambón Cotelo, 6º C

Xa fai moito tempo nun país do que xa miña avoa non lembra o nome, vivía un rey que tiña tres fillos. O maior chamábase Felipe, o do medio Alexandre pequeño Carlos.

Un día o rei espertou e mandou avisar a todos os médicos, do reino. Ningún deles deu co mal que padecia o rei. Despois dun tempo apareceu no pazo real unha ancia pidindo ver ao rei o pasar de que os fillos mais vellos non a deixaban pasar, o rei ordenou deixala traela a sua presenza para preguntarlle o motivo da súa visita. A ancia dixolle o rei que ela sabia como curar a sua enfermidade. Falou co rei a soas.Despois de falar os dous chamou aos tres fillos. Dixolles quen un lugar remoto do reino había un lugar cerrado por un portal onde atoparia unha flor que o curaría: a flor da lila.
Calquera dos tres fillos queria saír buscar esa flor que curaba ao seu pai.
O rei enviou a Felipe, o seu primoxénito, Felipe estivo moitos meses na búsqueda desa misión, atopou un cruce de camiños á unha velliña que parou a preguntar se sabía onde se encontraba a flor da lilá, a velliña dixolle a onde ía e que era o que levaba nas costas do seu cabalo.
Felipe moi orgulloso díxolle que eso non era importante e volveulle a preguntar pola flor. A velliña baixou a cabeza e sinaloulle un camiño, nunca atopou a flor.
De volta no pazo, os fillos pedíanlle ao rei ser eles, Alexander, Carlos e tamén Felipe, os que foran buscar de novo a flor de lilá. O rei deixou ir a Alexandre, o seu segundo fillo.
Alexandre pasou o mesmo tipo de penas ca seu irmán maior e tamén cando xa ía abandoar a búsqueda, atopou de novo a velliña á que tamén parou a preguntar.
Ela dixolle a onde ía e que levaba nas costas do seu cabalo. El comentoulle que ía na busqueda da flor da lilá e que levaba comida e bebida para a viaxe, a velliña pediulle comida e unha pouca bebida porque levaba moitos días sen comer. Alexandre negouse a compartir o que tiña, dicíndolle que a el lle facia moita falta para a viaxe de todas formas el queria saber o sitio da flor, a velliña moi triste, baixou a cabeza e sinalou ca man o camiño equivocado.
De novo no pazo real, e os tres ante o rei sen resultados na búsqueda da flor, Carlos rogaballe ao pai poder ir el pola flor.
O rei non queria que o fillo máis novo, e ao que máis quería, saíra na busqueda xa que temía por el. Carlos seguíu rogándolle ao pai ata que conseguíu o permiso para saír.
Correu a mesma sorte que seus irmáns, atopándose coa velliña á que el tamén lle preguntou se sabía do lugar no que se atopaba a flor da lilá.
Ela, igual que aos seus irmáns preguntoulle que era o que levaba nas costas do seu cabalo e pediulle unha pouca comida máis bebida.
Carlos deulle todo o que tiña á velliña e esta dixolle que atoparía a flor despois dun portal que había seguindo o camiño que ela lle dixera. Tiña que coller a flor moi rápido, xa que o portal permanecia aberto moi pouco tempo.
Carlos fixo todo o que a velliña lle mandou e volvía a casa coa flor para o seu pai,
pero el non sabía que o pai moi preocupado, mandara a seus irmáns na súa busqueda e estes ao velo ca flor que eles non foran capaces de conseguir, quitáronlla e tirárono por un barranco, no que Carlos perdeu a vida.
Os dous volveron o pazo coa flor pero dixeron que non sabían nada de seu irmán.
O rei curou, e para celebralo daba un banquete para todos os seus súbditos aínda así, non conseguía olvidar ao seu fillo máis novo. Non sabía que no banquete había un pastorciño que lle ía resolver o misterio.
No trancurso da festa o pastor colleu a súa frauta e comenzou a tocar:


" PASTORCIÑO NON ME TOQUES
NIN ME DEIXES DE TOCAR,
OS MEUS IRMANS ME MATARON
POLA FLOR DA LILÁ."