1.4.08

Rosiña de abril







Rosiña de abril











Rosalía de Castro



Nasín cando as prantas nasen...




Nasin cand' as prantas nasen,


no mes das froles nasin,


nunh' alborada mainíña,


nunh' alborada d' abril.



Por eso me chaman Rosa


mais á dó triste sorrir


con espiñas para todos


sin ningunha para tí.



Dés que te quixen, ingrato,


tod' acabou para min,


qu' eras tí para min todo


miña groria e meu vivir.





De que pois te queixas, Mauro?


De que pois te queixas, di,


cando sabes que morrera


por te contemplar felis?





Duro crabo me encrabaches


con ese teu maldesir,


con ese teu pedir tolo


que non sei que quer de min,


pois dinche canto dar puden


avariciosa de ti.





O meu corason che mando


c' unha chave par' ó abrir,


nin eu teño mais que darche,


nin ti mais que me pedir.