15.12.06

O Lagarto


O Lagarto, novembro contraportada
Redactores: Beatriz, Daniel e Ana
Ilustración: Daniel

O Lagarto


O Lagarto, novembro páxina tres.

Investigación por Pili

O Lagarto



O Lagarto número 2 de novembro, páxina dúas.

Redactoras: Melanie  e Ana
Ilustracións: "Alondra" por Ana e Sofía

O Lagarto


Andivemos todos algo arrefriados con tantas augas e ventos como Novembro nos deixou, pero conseguimos publicar O Lagarto e... con catro páxinas!
Redactores: Brais e Adrián

Princess


Comeza a andaina das nosas queridas mascotas. Beatriz Mallo nos apresenta hoxe á súa querida Princess dun xeito moi orixinal, a que é preciosa?

Princess é a miña cadela, parece un faraón!

Bea

29.11.06

The Beatles

Xa que estamos a falar, velaí algunhas páxinas:

7

Octopus´s garden


Os alumnos de 2º acertaron o que era "un octopus"!

Como lles prometín que se acertaban o que era, regalaríalles un xardín para que puideran xogar canda el, velaí que a próxima semana temos unha cita.
Son moi intelixentes e traballadores os meus amigos de segundo.

Non, nono esquezo, xa mo dixo Susana, a vosa profesora e tamén algún de vos.

Sabedes que vos quero moito, aí vai un adianto...


Quixera estar debaixo do mar
no xardín dos polbos á sombra
e cantar! ... e cantar!

Se a queres pincha aquí, oir ... A que é bonita?

28.11.06

Obradoiro "Medrando en Igualdade"


Hoxe á tarde dentro do programa de actividades do Concello traballamos na aula de informática sobre a Igualdade.
A actividade consistía en ir vendo a diferente situación da muller na historia, e o seu papel na sociedade.
Descoñecíamos moitas cousas, o dereito a ir á escola, o non ter dereito ao voto, o dereito a unha retribución económica polo seu traballo a dependencia do seu pai e despois do seu home...
Tamén traballamos situacións de maltrato físico ou psíquico.
En xeral da falta de respecto porque... todos somos iguais.
Ao final fixemos unhas actividades interactivas e mesmo nos felcitaron pois non tivemos ningún tipo de linguaxe sexista.
Grazas Ana, por axudarnos a pensar, como tí dixeche nós somos os que temos que cambiar a sociedade.

Novas inundacións


O outono segue a dar problemas na nosa Comunidade,
temporais e frontes que van deixando fortes e abondosas chuvias aos seu paso.
Producíronse graves inundacións sobre todo nas zonas costeiras asi como desperfectos varios dende o Eo ata o Miño, Ferrol, A Coruña, Cee. O Salnés, Vilagarcía...

27.11.06

Volver a cantar maios



O ano de Lugrís vai rematando,
maio, novas letras traerá
e María Mariño lerase
toda por dentro unha vez máis.


Maria Mariño Carou: 2007

Tarefas para hoxe



Repasamos:

O sustantivo

Ortografía: Uso do ll

Práctica: Cálculo

Os animais vertebrados e invertebrados

26.11.06

Ana la Superespía


O relato de Ana Brandaríz, Ana la Superespía, foi publicado na páxina:
"LA CAJA MÁGICA"


Parabéns Ana!

24.11.06

Queres coñecernos?




Se queres contactar con nós mándanos unha mensaxe a:

xornaldema@yahoo.com

Agardámoste!

Os animais



Se queres saber máis dos animais, podes visitar os seguintes enlaces:

Vertebrados

Mamíferos O delfín

Fotografías

Invertebrados

23.11.06

Biografías



MARCO POLO

> por Pili Cotelo Rey

Navegante e explorador veneciano (1254-1329). O seu pai Nicolás tanto o seu e o seu tío Mateo (ou Maffio) eran mercadores dedicados ao comercio con Oriente e alcanzaron China, chegando a Khanbaliq ou Cambaluc (Pekin) onde logo de seren recibidos por Kublai Jan volveron como enviados cunha carta para o Papa.
Emprenderon unha nova viaxe levando consigo ao novo Marco. Na primavera de 1271, atopáronse novamente na corte de Kublai e este nomea a Marco gobernador dun dos seus estados.
Os viaxeiros permaneceron en Oriente ata o ano 1292, regresando tres anos máis tarde a Venecia.
No transcurso da guerra con Xénova, Marco Polo, que estaba á fronte dun navío, é feito prisioneiro nun combate naval.
Durante o seu cautiverio dictoulle en francés a un compañeiro de presidio, Rustichelo de Pisa, o relato da súa viaxe.
Marco é liberado en 1299, pasando a ser membro do Gran Consello de Venecia, cidade na que morreu. Profundo observador, aínda que non sempre exacto e verosímil, describe gráficamente nas súas narracións os pobos e costumes de Asia.
A veracidad dos escritos de Polo, considerado exaxerado polos seus contemporáneos, foi posta en dúbida e ata a realidade da viaxe.
Pretendendo gozar durante 17 anos do favor do emperador mongol que lle enviou a distintas misións por China, resulta estraño que non mencione a Gran Muralla ou a cerimonia do té.
Tampouco aparece o nome de Polo nas crónicas nas que se rexistra aos visitantes. Todo o fundamento do libro pódese atopar nas guías persas. Guiándose polos mapas de Polo, perdéronse xa de camiño a Oriente en Constantinopla.
Malia todo, non se pode negar en cambio, o influxo e feitizo do libro das marabillas do mundo nos homes do Renacimiento.
Se queres saber máis sobre Marco Polo

No pendello


Esta panxoliña é a que imos dramatizar no Festival de Nadal, se queres oila pincha aquí:


No pendello que hai xunto o camiño,

hoxe as doce da noite naceu

un Meniño, Pequeniño,

que parece do ceo caeu. (Bis)


Entre o bafo de dous animais

pois o pobre cubertas non ten,

nin señales de pañales

para tapalo do frío se ven.


Levareille logo este manteo

anque as tellas coas pallas lle fai

e un roseiro de bocelo

para que faga os caldos súa nai.


Levareille tamén esta mitra

pois é o Neno mais guapo que eu vín

e a cabrita máis bonita

que para el no cortello escollín.

21.11.06

Por que...?


Por que escollerían no noso Parlamento un carballo para nos agasallar e non outra árbore?
Dende tempos moi antigos, os nosos devanceiros xuntábanse ao abeiro dun carballo para tomar as decisións importantes.
Para nós segue a ser a nosa árbore, aínda que estea en perigo, xa que crece amodiño.
A nosa literatura ocúpase da boa conta de carballos e carballeiras, quen non agradece a súa sombra nas romerías despois do xantar ou bailar unha boa muiñeira.
Saberías dicir onde está o famoso Carballo da Portela?
Pregunta na casa se saben o cantar:

"O carballo da Portela
ten a folla revirada,
que lla revirou o vento
unha mañán de xeada."

Claro que o saben, agora cóntalles tí cousas del, seguro que gañas una boa viaxe.

A árbore do diálogo



Parabéns!

O Parlamento de Galicia está de aniversario. Para celebralo mandaron como agasallo ao noso centro con un carballo.
No recreo saímos todos ao patio e o plantamos, tódolos nenos e nenas da escola votaron o seu puñadiño de terra para que medre forte e alto.
Os homes e mulleres da Galicia futura

Obradoiro de letras






Estamos a traballar o universo da poesía, estes días facemos haikus.

Que bonitos son!

A noticia do ano





> por Adrián

Daniel campión!

A noticia do ano: Un campión de España chamado Daniel Remuiñan, con once anos. Un neno de Laracha!
Hai pouco en Sevilla, quedou de terceiro co mellor tempo, acumulando puntos. A fin de semana viaxou a Valencia conseguindo o mellor tempo, cos puntos acumulados (115) clasificouse o primeiro e campión do campionato que comezou en febreiro deste ano. Recibíu como premio unha copa e un quad.
Dani foi o mellor, todos os seus compañeiros alegráronse moito, e a profesora Manuela, tamén, perdeu clases pero é igual, foi un neno de Laracha o mellor!

Apuntádevos ao Lagarto dixital, dillo aos teus compañeiros.
Anímate!
O Lagarto dixital, é o mellor!


16.11.06

¡Daniel campeón!


> por Brais


¡DANIEL GANA EN VALENCIA Y ES CAMPEÓN!

Nuestro compañero Daniel sale victorioso del circuito de Valencia y se hace con el título de campeonato de España de quads.
Daniel venía de quedar tercero en Sevilla, ganó el campeonato después de superar cinco carreras por distintos puntos de España, Zaragoza, Almería, Barcelona...
Se proclamó campeón en el circuito de Albaida, Valencia, tras acumular 115 puntos a lo largo del campeonato ganando en la categoría de iniciación.
La temporada comenzó para el campeón en febrero de este año.
¡Felicidades Daniel!

Entrevista ao campión


> por Melanie Guillín

A pasado fin de semana en Albaida, Valencia, o alumno do CEIP Ramón Otero Pedrayo de A Laracha Daniel Remuiñán Graña, clasificouse primeiro na copa Hummel de Quad-cross. Este premio está homologado para a copa de España.
Hoxe, Daniel, concedeu unha rolda de prensa na nosa clase.

-Daniel, cando comezaches a practicar este deporte?
-Comecei aos catro anos.
-Paréceche arriscado?
-Dende fora, parece arriscado, pero depende de como controles o quad.
-Que velocidade pode acadar un quad?
-Bastante, eu non lle teño velocímetro ao meu, pero pode ser moi rápido.
-Que tés que controlar?
-Sobre todo, o tipo de terreo no que corres, e adaptarte a el.
-Cal é para tí o terreo máis doado para correr?
-O máis doado, é o asfalto.
-Como son os circuitos?
-Soen ser os de motocross, son de terra e hai moitos desniveis e curvas.
-Que é o que máis puntúa?
-A posición na que rematas a carreira.
-Como era o circuito de Albaida?
-Non era moi difícil, pero tiña moitos baches que te obligan a controlar o saltos.
-Cantas voltas tiveches que dar?
-Non recordo ben, oito ou nove.
-Nesta última carreira caíches?
-Non.
-Pero caíches algunha vez?
-Moitas.
-Como te sentiches ao gañar?
-Moi alegre.
-Os teus pais anímante?
-O meu pai, sí, porque tamén é moi afeccionado e paractícao.
-Cal foi a túa carreira máis emocionante e por que?
-A que corrín en Almería, porque aínda que quedei en segunda posición foi a primeira vez que subía ao podium correndo en quad.
-Perdiches algunha vez?
-Unhas cuantas.
-Neses momentos pensache en abandoar esa práctica?
-Non, porque o importante e participar.
-Como te sentiches cando te recibimos na clase?
-Moi, moi contento de verdade.

Nese momento a representante do corredor, da por rematada a rolda de prensa e o campión marcha para o seu sitio rodeado de admiradores e admiradoras que seguen a felicitalo e pídenlle que lles asine autógrafos, o que fixo moi amablemente.

15.11.06

O LAGARTO



Para celebrar a victoria de Dani e o aniversario de Marcos, O Lagarto quixo saír á rúa prevista para o próximo venres, adiantándose un chisco.
Pero pagou a pena.

Parabéns Marcos!




Vaia día levamos. Pola mañá Dani, e agora Marcos está de aniversario. Trouxo lambetadas para todos, estaban estupendísimas e as tomamos con música despois de facerlle a entrevista a Daniel.

Que sexas moi feliz, M A R C O S!

"La Voz de Galicia" fala de Dani




No xornal "La Voz de Galicia" edición de Bergantiños de hoxe, aparece esta reseña do noso compañeiro Daniel:

(Firma: A. Caamaño Lugar: Carballo)

"El jovencísimo motociclista carballés, Daniel Remuiñán Graña (Laracha 1995), se proclamó campeón de la copa Hammel el pasado fin de semana en el circuito de Albaida (Valencia).
La copa Hummel es una competición puntuable para la copa de España de quad-cross en categoría júnior. El pequeño ganó cuatro de las cinco pruebas de las que consta la copa, en una modalidad motociclista que traslada a las cuatro ruedas de los quads los circuitos de competición del motocrós.
Las cinco carreras de las que consta la copa Hummel llevaron a Remuiñán por los circuitos de Zuera (Zaragoza); Bellpuig (Barcelona); Almería; Osuna (Sevilla) y Albaida (Valencia), donde Daniel acabó segundo, lo que le sirvió para hacerse con la puntuación suficiente para llevarse el trofeo a Laracha.
La primera experiencia del piloto en la copa de España está siendo positiva, ya que, además del trofeo, Remuiñan marcha noveno en el computo global de la competición, en la que participan niños desde los ocho años hasta los catorce.
La aventura de Remuiñán implica un gran esfuerzo por parte de sus padres, Luis Remuiñán y Yolanda Graña, que cuentan con el apoyo de algunos patrocinadores entre los empresarios. Carpintería José Manuel Pena; Cafetería Xorima; Alicatados Ramón y Yassbot son los que han confiado en los primeros pasos de Remuiñán sobre los montículos de los circuitos de una de las modalidades más espectaculares.
Apoyo
Luís, el padre, lo resume así: «Imaxina os vinte corredores dunha proba de motocrós, pero con quads, que miden un metro e medio de anchura».
Además de patrocinarle, en Yassbot se ocupan del mantenimiento técnico del vehículo. Fernando Botas y el mecánico del negocio han recorrido de punta a punta del país: «Es duro porque las carreras están muy lejos. Basta decir que la prueba más cercana fue en Zaragoza, pero a ver si ahora hay algo más de apoyo».
Empezar
Comenzar a competir es la fase más dura de cualquier deportista. Aún más si es una disciplina deportiva sin arraigo o, como es el caso de los quads, aún está disfrutando de sus primeros momentos de popularidad. El apoyo de los padres de Remuiñán han empezado a dar, sino frutos, sí un camino a seguir.
El responsable de meterle el gusanillo es su padre, Luis: «Empecei a dicirlle que se facía os deberes e ía ben no colexio, podía ir comigo ao monte. E foi así, de feito, vai ben nos estudos».
Por su parte, su madre, Yolanda Graña, está aún sorprendida por la experiencia: «É a primeira vez que facemos algo así. É esgotador, polas viaxes, e a preparación, pero compensou o esforzo».
¿Y lo peor?
«As caídas e a tensión. Son dez minutos de carreira nunha calma tensa, cando acaba todo está ben, pero en Sevilla caeu dando unhas voltas de campana, foi un bo susto».
A Remuíñan le gusta, además, el trial, la Formula 1 y Alonso. Cursa quinto de primaria "

Daniel campión!





E O GAÑADOR É...

DANIEL
REMUIÑÁN
!

O noso Daniel malia as vicisitudes que tivera en Sevilla acadou a primeira posición nos campionato de Qads celebrado en Albaida (Valencia), esta fin de semana.

Estamos todos moi contentos, xa lle cantamos o "Alirón, Dani, campión" o "Oé, oé..." cando chegamos á clase. Pero...
tivo que facer a folla de problemas coma todos nós.

14.11.06

Duro traballo!





Comezan os preparativos para o Festival de Nadal. Coma sempre haberá panxoliñas e actividades diversas na que poderedes demostrar as vosas cualidades artísticas que son moitas como se poden ver nos distintos documentos videográficos do centro.


Actores, actrices, bailaríns, debuxantes, escenógrafos.... Ide prepándovos para as duras probas que se aveciñan!

Xa non queda moito.

13.11.06

Asiña na rúa!




O novo número do Lagarto está xa na imprenta.

Estade atentos!

Boa sorte Daniel!



Sabedes que o noso Daniel Remuiñán está esta fin de semana participando no campionato de España de quads?
En Sevilla hai poucas semanas quedou en 3º lugar.
Seguro que desta vez, serás o 1º, Daniel, estamos a pensar en tí... mentras facemos gráficas e divisións!!!


SORTE!



Pase o que pase:


Xa eres o noso ALONSO

5.11.06

Samaín, noite vella


¿Qué cousa cousiña é,
que para adiviñar é, que na boca ten o pé?

S A M A I N



A festa do Samaín é outra das festas do outono que se vai recuperando, hoxendía moitas escolas e agrupacións culturais da nosa comunidade lembran tamén esta tradición, e pódense ver mostras ben imaxinativas.
Samaín é unha palabra de orixe gaélico que significa inicio do inverno.
Para celebrar a festa vaciaban cabazas ou outros froitos e poñíanlle dentro velas.
A súa orixe está na cultura celta, de Irlanda pasou a Estados Unidos e volveu de novo coa forma de Haloween.
O Samaín celebrábase na noite do 31 ao 1 de Novembro que era o comezo do ano novo celta.

4.11.06

Festa do Magosto






Nin chuvia nin vento, poderán evitalo...

Hoxe no Pedraio
facemos o Magosto,
por eso cantamos:

Castañas, castañas,
cocidas, asadas...
Queremos castañas!

Castañas, castañas,
douradas, morenas...
Queremos castañas!


5º A
Feliz Magosto a todos!
Estan invitados os pais e nais e os alumnos e alumnas de 1º de ESO do Ies Agra de Leborís que queiran acompañarnos.
3 de novembro de 2006

27.10.06

Tradicións do Magosto


Magosto: As avoas,as nais, as madriñas ...


Con zonchos enfiados facerannos os colares de castañas para os nenos e as nenas.

Canto máis largo sexa maior será o sorriso do portador ou portadora do agasallo e o dos amigos cando o vexan tan guapo.

26.10.06

Á sombra de Harry Potter


> Por Beatriz Mallo Caamaño

Harry Potter, o incomparable

O novo actor Daniel Racliffe que interpreta a Harry Potter, anda moi preocupado por non quedar encalado para sempre no seu personaxe.
Por eso Daniel decidíu participar en proxectos distintos e descansar do papel do popular mago, e neste momento está a ensaiar unha obra de teatro que estreará o ano próximo.

¿Qué está pasando en Galicia?




> Por Ana Brandaríz Movilla

Las cenizas de los incendios inundan las playas y las rías.
Durante el mes de octubre, las fuertes lluvias que sufre Galicia están arrastrando grandes cantidades de ceniza y lodo procedentes de los bosques incendiados el pasado verano.
Estas cenizas y lodos llegaron a las playas.
Los daños son grandísimos porque todo está cubierto de tierra y también de cenizas. El marisco que está debajo no puede respirar porque no tiene aire. Los mariscadores lo están pasando muy mal, incluso dicen que es peor que el desastre del Prestige.
¿Qué está pasando con Galicia?
Primero el Prestige, después los incendios y ahora las rías? ¿
Qué pasará después?

Alonso, campión!




Fernando Alonso, o Rei daFórmula 1


> por Daniel

 
O pasado 22 de outubro, Fernando Alonso campión mundial de Fórmula 1 en Brasil.
Na carreira realizada no difícil circuito de Interlagos chegou segundo á meta, pero grazas aos puntos que levaba acumulados de anteriores marcas puido proclamarse campeón mundial.
A clasificación:
Primeiro:
F. Massa con Ferrari
Segundo: Fernando Alonso, na súa derradeira carreira con Renault, pois no futuro correrá con McLaren.
En Oviedo choraban coa emoción de ver ao seu paisano pasar a liña de meta e proclamarse campión do mundo por segunda vez.

24.10.06

Última hora!


A Comisión de Extraescolares decidíu pospoñer a festa do Magosto para o venres 3 de novembro, por mor da chuvia que seguirá toda a semana,según as previsións. Polo tanto non é necesario traer mañán rachóns nin castañas.
Redacción

Seguen as chuvias

Noa por Mª del Pilar

Martes, 24 outubro. RedacciónEntre las diez y las doce y media de la mañana de ayer lunes, cayó sobre Cee una intensa lluvia, casi torrencial. Duró poco tiempo, pero el suficiente para que los ríos de la localidad con mucho caudal como consecuencia de las lluvias registradas los días pasados, volviesen a inundar las calles.
Poco pudieron hacer los miembros de Protección Civil ante el nuevo desastre. La altura del agua superó el medio metro de altura y volvió a causar graves desperfectos en viviendas y negocios que ya habían sufrido las inclemencias del pasado día 2.
Algunos empresarios habían trabajado entonces a marchas forzadas para reabrir sus negocios y están de nuevo desolados.
Pero Cee no fue la única localidad afectada de la Costa. Los intensos aguaceros provocaron desbordamientos y nuevos desprendimientos de tierra en Corcubión, Sardiñeiro y Fisterra.
Protección Civil se mantuvo en alerta máxima en toda la zona en previsión de nuevas inclemencias para hoy según Meteogalicia.

23.10.06

Ana la superespía


> Por Ana Brandaríz Movilla


Ana la Superespía entró en el despacho del señor Pepe, su jefe.

Pepe le ordenó:
-Tienes que encontrar el caballo del Alcalde y descubrir quién lo ha robado.
Dijo la Superespía:
-Jefe, no se preocupe, déjelo en mis manos.
Pasaban días y días, pero el caballo no aprecía.
Cuando llegó a Francia, Ana descansó un poco porque estaba muy cansada.
Por un caminito a las afueras de París, estaba el caballo.A su lado, el hombre que lo había robado le estaba dando de comer.
La Superespía se escondió detrás de un árbol. Sigilosamente se acercó al hombre por detrás, cogió una cuerda y le ató las manos y los piés, después le preguntó:
-¿Has robado ese caballo?
-Si, confieso que lo he robado, pero lléveselo y no me haga daño, por favor.
La superespía cogió el caballo, se lo devolvió a su dueño y esperó a que le ordenaran una nueva misión.

20.10.06

Tempo de castañas




MAGOSTO no PEDRAYO


VENRES 27 DE OUTUBRO

Para celebra o Magosto, agasallaremos á castiñeira que está a agromar na entrada coas vosas creacións artísticas ou literarias.
Así xordirán poemas, refráns, adiviñas e contos entre as follas, castañas e cogumelos, coma froitos de outono.
Estades todos convidados a participar tamén traendo castañas das de "comer" e rachóns, para que o profesor Antonio e os seus axudantes as vaia asando amodiño, sen pasaren moita calor, mentras nós cantamos.

BON MAGOSTO A TODOS!

Comisións de Extraescolares e Normalización Lingüística

Coñecendo O Lagarto Dixital



> Por Adrián Esmorís García
Ola amigos, estamos contentísimos!
Baixamos á Aula de Informática e tivemos oportunidade de navegar no noso Blog.
O que más me gusta é a información que tén nos artigos e as páxinas de xogos.
Estouno pasando bomba tratando de salvar ao aforcado, ata vernos!
Invítovos a visitar o noso blog!

16.10.06

O Lagarto na rúa!


O pasado mércores día 11, saíu á rúa a edición impresa de O Lagarto.

11.10.06

Felicidades Pili



Mañá a nosa compañeira Pili está de santo, a súa nai tamén e ademáis é o seu aniversario.
Hoxe ao rematar a clase cantámoslle todos porque é moi boa compañeira.
Felicidades para as dúas!

Equipo de redacción de O Lagarto dixital

5.10.06

Chuvias perigosas


> por Melanie Guillín Martínez

O pasado luns día 2, comezamos as clases pola tarde, cando saímos da escola chovía tanto que todos chegamos mollados á casa.

Ao día seguinte, na tele puxeron unha reportaxe. Dicían que no concello de Cee, os veciños quedaran pasmados ante a cantidade de auga que caera na súa localidade.

A maior intensidade de chuvias coincidíu coa saída dos rapaces e rapazas da escola, e houbo moitos problemas pois non estaban reparados os desperfectos causados polo Gordon.

Choveu tanto que a auga alconzou un metro e medio de altura e cubríu parte dos coches aparcados na rúa, e mesmo foron arrastrados pola riada a máis de cincocentos metros de onde estaban.

Volta á normalidade




Tras un breve parentese pola miña asistencia ao Congreso Tecnoneet, volvemos á normalidade e xa temos novos artigos en marcha que iremos amosando.


22.9.06

Adeus Gordon, adeus ...


Os temores que tiñamos ante peligrosidade dos restos do furacán Gordon víronse cumpridos, o momento de máis intensidade do vento foi entre as oito e as nove da mañá.

Houbo feridos, e importantes danos materiais especialmente en Ferrol. Resultaron seriamente danados varios colexios e o instituto de Cee terá que estar pechado uns días para reparar os danos sofridos nas instalacións.

Maila que os ventos non foron tan fortes como estabamos a esperar, causou moitos danos en todo o país, e todavía persiste a súa actividade no mar polo que seguirá a alerta durante todo o fin de semana.

20.9.06

Esperando a Gordon


A Consellería de Educación decide suspender as clases mañá xoves día 21, polo temporal de chuvia e vento que amenaza á nosa comunidade.


O
Instituto Nacional de Metereoloxía decretou alerta vermella ante a previsión da aproximación ás nosas costas dos restos de Gordon, a tormenta tropical que está a cruzar o Atlántico e chegará ás nosas costas esta noite.

Según
Meteogalicia á noite notaremos un cambio brusco de temperaturas coa chegada das choivas e dos ventos furacanados.

18.9.06

La procesión de los Milagros...




a por Daniel Cotelo


Una vez cuando tenía dos años fui con mis padres a los Milagros en Caión.
Cuando estábamos comprando unas rosquillas pasó la Virgen en procesión y a mí me gustaron los colores de la Virgen tanto que me solté de la mano de mi madre y corrí junto a la Virgen.
Mis padres se preocuparon y me buscaroan por todas partes, mientras tanto yo seguía tan tranquilo a la Virgen.
Después, la procesión pasó por delante de donde estaban mis padres y mi madre me vio detrás de la Virgen, me pilló al colo, me dio muchos besos y nos fuimos para casa.

14.9.06

Perdido no bosque





a Por Brais de la Iglesia

Era un día pola maña no que meu pai e mais eu foramos de paseo polo bosque. Ibamos collidos da man, de repente eu vin un árbol cortado e sen darme de conta, soltei a man do meu pai.
Eu cando me dei de conta, asusteime algo, daquela quedeime alí­ sentado esperando se me encontraba.
Dalí­ mais ou menos dez minutos, vin unha sombra que cada vez se acercaba máis.
Era meu pai, cando me víu, colleume da man e marchamos de volta a casa.

13.9.06

Os novos redactores


O Lagarto atopou xa moitos amigos no


C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo


Como estades?
Somos os novos
amigos de O Lagarto, comezamos
quinto curso ímonos presentar:


Chámome Beatriz, teño 10 anos, cumplo anos o 10 de febreiro, e vivo en Vilaño.
A miña asignatura favorita é Educación Fí­sica.
Teño tres cans: Princesa, Rex e outro que aínda non ten nome, e dous gatos, Milka e outro máis pequeno.
O que máis me gusta é xogar no columpio da casa e na bicicleta cos meus primos Adrián, Juan e José Antonio.


Hola, me llamo Danie, vivo en Lemaio, nacín en 1995. Eu de grande quero ser camioneiro. As miñas afeccións son as motos.
A asignatura que máis me gusta é matemáticas.


Me llamo Daniel , tengo 10 años nací en Suiza el 11.01.1996.
La asignatura que más me gusta es mate y educación Física, la peor lengua gallega. Mi mejor amiga es Ana y amigo Adrián.


Chámome Brais , e teño un irmán. De maior quero ser futbolista, gústame a Educación Fí­sica, o que menos me gusta é o Coñecemento do medio, se de maior tivese que estudiar algo querería estudiar inglés.
A miña afección é o fútbol e a Fórmula Uno.


Hola, me llamo Melanie, tengo 10 años, y el 2 de febrero cumpliré 11. De mayor quiero ser cirujana, la asignatura que más me gusta es Coñecemento do Medio y Plástica. Espero que en este curso la profe sea buena y también quiero aprobar, con un poco de suerte, mi sueño se cumplirá.
Tengo una hermana que se llama Yaira, mi mamá se llama Mª Esther, mi padre Manuel y mi abuelo Ramón.
Y, tengo cuatro animales: Chasky, Nica, Nuska y Perla, los quiero mucho a todos


Me llamo Ana, tengo 10 años y nací­ en Coruña. Las asignaturas que más me gustan son: matemticas, lengua, plástica, inglés y gimnasia.
Mis mejores amigos son Alison y Daniel C. y Sonia.
De mayor quiero ser profesora.
Mi hermano se llama Juan.
Me gusta jugar al brilé.


Hola me llamo Sofía, tengo 10 años, nací­ el 2 de febrero.
De mayor quiero ser vetrinaria.
Lo que más me gusta del cole son los compañeros.
Me gusta mucho el cole porque es muy espacioso y bonito. Espero aprobar este curso.
Mis asignaturas favorias son. Medio, educación física y plástica.


Chámome Pili, teño 10 anos vivo na Laracha.
De maior quero ser veterinaria, gústame moito patinar e ir á piscina, non me gusta nada coñecemento.
A clase que máis me gusta é educación física e plástica.


Me llamo Jéssica, tengo 11, los he cumplido el 25 de agosto. La asignatura que más me gusta es gimnasia y no me gustan las matemáticas.
Son Marcos, teño 9 anos, teño un irmán que se chama Alberto.
Gústame andar en bici, xogar un pouquiño coa consola, porque non me deixan moito, e ao badminton . A miña asignatura favorita e ximnasia, ver a tele e xogar ao fútbol.



Son Cristian, teño 9 anos, a miña asignatura favorita é educación física, de mayor quiero ser garda civil, anque antes me gustarí­a pasar polo exército.


Me llama Adrián, soy de Laracha tengo una hermana que se llama Laura. Me gusta el deporte. Tengo 10 años y me gusta dibujar y leer.
Toco dos instrumentos la flauta y la guitarra. De mayor quiero ser arquitecto.


-Me llamo Alison

-Tengo 10 años
-Nací­ el 27 de febrero
-Vine de Suiza
-y ahora vivo en Laracha
-de mayor quiero ser veterinaria
-Mi asignatura favorita es educación fí­sica.
Chámome Fani, a asignatura que máis me gusta é a plástica. Vivo en Lendo, teño un irmán que se chama Victor. De grande quero ser veterinaria.

O Lagarto ten novos amigos

center>


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com












O Lagarto quixo vir canda nós cos ventos de setembro e deixou os penedos do alto de Pastoriza, agora anda a buscar casa polas terras de A Laracha.
Como é moi linguateiro, xa fixo novos amigos que iredes coñecendo.