9.10.09

Novos compañeiros








KAMIL
Buenos días:
Me llamo Kamil,  soy de Polonia, allí tengo amigos y familia. En invierno hay nieve y en el parque con mis amigos jugamos y hacemos muñecos de nieve. Algunos días llueve, sale el sol pero el invierno es muy largo.
Mi colegio de Polonia es muy grande, y estoy un poco triste por no estar allí.



Gracias.

5.10.09

Gracias, Mercedes

1.10.09

As nosas mascotas


Mis periquitos

> por Anto


Mis periquitos se llaman Peter y Blanquita.
Peter es muy colorido, tiene las plumas de color blanco, negro, amarillo, azul y verde. Blanquita es un poco gorda, ella es toda blanca.
A mis periquitos les encanta volar, todos los días los suelto y también les encanta la música, siempre que escuchan música se ponen a cantar. Su comida favorita es el mijo.
Peter hace cinco semanas que lo tengo y tiene nueve meses; Blanquita tiene dos años y es muy mandona con Peter.

Novos enlaces

Matemáticas


Primeira avaliación:

Operacións combinadas

Series matemáticas

Múltiplos e divisores, despois destas actividades non terás problemas, podes aprendelos con regletas,

Potencias, propoñénche ao final encrucillados.

Múltiplos e divisores, poderás tamén calcular mínimo e máximo e mesmo avaliar os teus coñecementos.

Divisibilidade

Criterios de divisibilidade

Practica

Números primos

Lengua castellana

Primeira avaliación


Ortografía, desde logo, despois de visitar esta páxina será a túa amiga, actividades, ecrucillados, vocabulario, definicións.

Ortografía, actividades interactivas moi interesante.

Acentos

Diptongos actividades interesantes que tamén poderás escoitar.

Prefixos e sufixos, tamén poderás practicar ortografía

Palabra a palabra aprende a cocinarlas

Pronombres

Rima, versos y estrofas

Rima: Aprende a rimar

Poesia. actividades e aprender poemas

Comprender textos: 10 consellos para compender mellor

Lingua galega

Ortografía: Comproba a túa neste enlace.

Conxugador de verbos: escolle o verbo que queres conxugar e repasa.


Coñecemento do medio


Primeira avaliación


Os cinco sentidos

Como dí o cantar, cinco temos e os cinco necesitamos...

O corpo humano ao completo, ósos, músculos, aparellos.

Puzzles corpo humano

Sistemas, aparatos....

O corpo humano:
Neste enlace poderás comprobar mediante un xogo, os teus coñecementos sobre ósos e músculos.

Páxinas recomendadas:

- Aprender a disfrutar da liteatura

Nesta páxina recentemente presentada polo MEC: leer.es pretenden transmitir o entusiasmo pola lectura e animar á súa práctica, así como aportar materiais e consellos para os docentes e as familias.

Novo curso, novos amigos

Xa somos os maiores do Cole, estamos en Sexto! Temos novos amigos: Abrahan, Cristian e Kamil, esperade un pouquiño e os coñeceredes.

22.6.09

Conta atrás 6 5...


A noitiña de San Xoan é tradición antiga na Coruña prender lumeiradas, nenos e grandes saltan o lume novo que nace no solsticio de verán. Nas rúas, nos patios das casas, nas praias, toda a familia e os amigos comparten a festa ao redor do lume e como non, nunha cidade mariñeira, con sardiñas asadas e cachelos.

Dende hai uns anos, a gran festa ten como escenario común ademáis, o Paseo Marítimo, dende os Pelamios ás praias de Orzán e Riazor, e O Portiño, toda a Coruña arde.

Ás doce as avoas poñen en remollo as herbas de San Xoan, herba luisa, ruda, pétalos de rosas e outras flores, chirivisco.... e ao frescor da noite e a luz da lúa, a auga servirá para lavar xa á mañanciña a cara e desvotar as cousas malas.

Canto máis se celebrará este ano, que a Torre estará máis contenta, todos miraremos para ela pois xa falta menos para que sexa declarada:
Patrimonio da Humanidade.

Felices vacacións


Chegamos ao remate de curso, parabéns a tod@s polo voso esforzo, agora chega o tempo de disfrutar, pero.... non esquezades ler moito, moito....
E aquí vos deixamos A Carolina interpretada, e moi ben, por Dani Lence de 5ª E para a nosa clase, Graciñas Dani!
Ata setembro!

18.6.09

¿Que quieres ser mayor?



Descubride neste programa "Cousiñas nosas" os soños de:

 Ikhlasse, Meryama, Karima e Yasmina
Que os seus soños se cumplan é o meu desexo, e para eles e tódolos seus compañeiros e compañeiras a rosa dos ventos, porta aberta aos soños, que ao pe da Torre pode marcarlles moi ben o rumbo.

Dez, nove...

17.6.09

Patrimonio da Humanidade


Aquí tedes a Laika vixiando a Torre

Quedan dez ...





Para o gran día:

A Torre, Patrimonio da Humanidade

15.6.09

Ánimo!



Rematamos o curso sen nos dar nin conta. Hoxe vimos unhas fotografías de decembro e... ¡que grandes estamos agora!
Estamos de exames. Andamos un pouco nervios@s porque queremos aprobar, así que mellor será practicar o:


14.6.09

Patrimonio da Humanidade




A nosa Torre de Hércules,
agasallo dos devanceiros,
luz dos mariñeiros,
rosa blanca rutilante
na roseira dos ventos...


Levarémola na man
cara un rumbo merecido:
agasallo á Humanidade
por tanto traballo feito,
tesouro de Breogán.

11.6.09

Como funciona?

Gustounos moito a aplicación do caleidoscopio, ao mellor estás interesado en saber un pouco máis de este interesante aparello, podes saber nesta páxina o seu funcionamento, e ... construír o teu propio? ánimo, para nós todo é posible, se queres podes conseguilo!
E, para todos os que fixéstedes traballos tan fermosos sobre o Sistema Solar, a posibilidade de ver a Terra e a Lúa como se estivésemos no que temos pendurado na clase, a que mola?
Clicade queridos amigos e amigas, e disfrutade, sabemos que vos vai gustar!

10.6.09

Viaxe a Viladonga

por Nicolás e Manu


O día 27 de maio, fomos ao Castro de Viladonga, habia restos de casas prehistoricas. Había unha cova con musgos que brilaban.
No Museo de Viladonga, ensináronnos o castro cando estaba habitado nun video e tamén nos explicaron cómo construíron as casas e cómo se protexían os habitantes dos inimigos.
Ensináronnos algúns obxectos do castro no video, e tivemos que atopar outros nas vitrinas que nos deron nunha ficha.




Noticia de última hora: En perigo

EXTRA, NOTICIA DE ÚLTIMA HORA: PERIGO!



Hoxe na nosa redacción recibimos unha noticia arrepiante.
Na casa de Maria Pita aconteceu un feito, moi raro e inquietante: A desaparición dunha bolsa de facer esvaecer xeo.
Os causantes dos feitos poden ser uns extraterrestres que roubaron a bolsa para meter dentro a nosa cidade e facela desaparecer.
Señores e señoras, aqui estamos nerviosísimos, sen saber se publicar ou non esta noticia, pero a nosa obriga é informar puntualmente a todos vostedes.
Parece ser que algún dos xornalistas desta casa viron polo Paseo Fluvial a un home moi extraño, que ía enrolando algo que poderia ser unha bolsa de xeo e o gardou no seu chapeu verde pistacho. Acaso era a roubada na casa de Maria Pita?
Nestes momentos, estamos a chamar á policía, para darlles a coñecer estos feitos, e xa están petando na porta. Permanezan atentos ás nosas páxinas.


O Lagarto Dixital sempre ao tanto das noticias máis crocantes da actualidade
!
Redacción
por Jenny


a Audio

5.6.09

Día mundial do medio ambiente


¿E tí, que fas para conservalo? ¿Para melloralo? O planeta é cousa de tod@s




Trazo a trazo

A clase de hoxe: Trazado de polígonos regulares

4.6.09

Nos atrevemos a soñar





a ¿Te atreves a soñar? Lo que he visto en este video ha sido que cuando quieres algo lo consigues y no debes rendirte sino intentarlo una segunda, una tercera.... vez.
Si confías en ti puedes conseguirlo.


Yasmina Mahdaoui Mañana

a Este vídeo me pareció muy bonito, en él se explican cosas que yo no sabía y nunca había pensado. Voy a intentar seguir sus consejos.

Karima Mahdaoui Mañana
a Lo que vi en este vídeo. fue que si no te sale algo, o quieres conseguir una cosa, lo debes intentar otra vez y ya lo conseguirás, no importa cuando, lo importante es que creas que lo vas a conseguir y creer en ti misma para lograrlo.

Ikhlasse Hakim Taoual

a El vídeo era muy gracioso, pero nos quiere decir que hay que comunicarse con todos.
Miguel Gourdel Castro
a ¿Te atreves a soñar? Sí, me atrevo a ir a un sueño que sea desconocido para todo el mundo, el mundo "dunno" es decir lo que voy a ver y vivir en el futuro. Me ha hecho soñar.
Meryama Errami Abassi
a ¿Qué mensaje he captado en el vídeo? He entendido que si te propones algo lo puedes conseguir y si no lo consigues del todo, hay infinitas oportunidades.
Andrea Leis


a ¿Te atreves a soñar? Sí, me gustaría cumplir todos mis sueños, el vídeo me explicó que todo lo que quiera hacer si de verdad me lo propongo me pude salir bien.

Danny González


2.6.09

O ollo que todo o ve

O Mural on PhotoPeach





O día aquel que fixemos o Mural para a festa das Flores, esquecimos a cámara, pero... algunhas da nosa clase, aproveitaron para saír na foto dos de 6º E, que como vedes son uns ¡artistas!
Nós tamén... que nos quedou moi lindo.

Igrexa de Santa María de Meira



A igrexa de Meira guistounos moito,
mirade qué rosetón máis fermoso!
Santa María de Meira
s XII
Para saber máis
e máis



Pedregal de Irimia

O río Miño, nace fresco, fresco que sabía a gloria con tanta calor.

Investigando




  1. Museo do Castro de Viladonga

22.5.09

EN GALEGO

a AUDIO

Todo o que escoito paréceme bonito, e a ti?

Azul

a Audio

18.5.09

Adeus amigo Mario




Nuevo canal interoceánico


Te propongo construir

un nuevo canal

sin esclusas

ni excusas

que comuniquen

por fin tu mirada
atlántica

con mi natural pacífico.


MARIO BENEDETTI


Uruguay 14.09.1920 - 17-O5-2009

15.5.09

Letras de maio: Ramón Piñeiro


As Letras andan a bailar no noso Obradoiro, agardade que veñen cargadas coa creatividade dos nenos e nenas de Quinto C

Ramón Piñeiro: Letras 2009

12.5.09

Imos visitar o Castro de Viladonga

Na excursión de fin de curso do día 27 viaxaremos no tempo para ver as pegadas dos nosos devanceiros:

Visitaremos o marabilloso Castro de Viladonga e o seu muiseo, e tamén daremos unha voltiña polo tempo dos romanos pois pisaremos as murallas de Lugo.

Anímaste?

8.5.09

7.5.09

Caleidoscopio


Probade esta aplicación, seguro que vos vai gustar:




Graciñas Teresa!

5.5.09

Aí vén o maio


Aí vén o maio

pola Ponte dos Brozos,

aí ven o maio

cantan tódolos mozos.


Maio, maio, lindo e florido,

maio, maio, cantade comigo.


Aí vén o maio

pola banda de Lañas,

aí vén o maio

cantándolle as rapazas.


Maio, maio, lindo e florido,

maio, maio, cantade comigo.


Aí vén o maio

polo alto de Pastoriza,

aí vén o maio

traendo marabillas.


Maio, maio, lindo e florido,

maio, maio, cantade comigo.


Aí vén o maio

polas ondas do mar,

aí vén o maio

cantando en Barrañán.


Maio, maio, lindo e florido,

maio, maio, cantade comigo.


Aí vén o maio

polas Flores de Arteixo,

aí vén o maio

cantando ailalelo.


Maio, maio, lindo e florido,

maio, maio, cantade comigo...

4.5.09

Teatro: Eu de maior quero ser...

Hoxe fomos ao Centro Cívico a ver unha obra de teatro titulada: Eu de maior quero ser... interpretada polo grupo Caramuxo.
A obra foi divertida, constaba de tres situacións da muller na vida diaria; cada acto estaba introducido por un video na que os nenos e nenas de colexios de Betanzos, Sada entre outros lugares, expoñían o que querían ser de grandes, e a súa visión da muller.
a Miguel

30.4.09

As nosas mascotas: Lia


A miña mascota chámase Lia, é pequena, ten os ollos marróns e o pelo suave e longo de cor negro pola cabeza e branco no pescozo, o resto do corpo marrón clariño e as patas son brancas.
Lia é moi xoguetona e ademais morde xogando, tamén moi cotilla porque sempre que vimos da compra ponse a buscar a súa comida favorita e así é a miña cadela Lia.


a por Rodri

Silencio VS Ruído

  • Silencio VS Ruído: Un minuto de silencio contra el ruído, aunque por así decirlo, nosotros nos quedamos en silencio, a tu alrededor se escuchan mil ruídos, uno son las mesas moviéndose por el suelo, dos las sillas tambaleándose con los niños encima, los profesores enseñando, las músicas que suenan en la clase de música, y hasta con las ventanas cerradas, se escuchan los coches. Carla
  • Foi moi emocionante, porque nunca na miña clase gardáramos un minuto de silencio, resultou moi agradable. Manuel
  • Estar calado durante un minuto foi unha agradable sensación e iso que os de 5º C somos moi charlatáns, esta vez foi incrible, oxalá estivéramos así tódolos dias. Nico
  • La única sensación que tuve fue la de estar un minuto en silencio. Yago
  • Mi sensación fue recordar a los familiares, en especial a los que ya no están conmigo sólo en mi corazón. Cristian
  • A mí me ocurrió algo maravilloso, porque nunca quedé un minuto en silencio, no creo que ninguna clase de gente pueda estar callada un minuto. Me sentí bien porque pensaba que era algo imposible. Meryama
  • Un minuto de silencio, era muy emocionante, no se oía ni a una mosca dentro de clase, excepto los coches de la carretrera, un momento maravilloso, lo malo es que cuando hay un ruído en clase se escucha muy fuerte. Alex
  • Fue un minuto muy raro, porque en todos los sitios hay ruído, o porque caen cosas o hay alguien gritando, sin embargo, cuando estuve en silencio me sentí rara ya que el ruído nos acompaña a todos los sitios. Andrea

Silencio contra ruído

Reflexións: Un minuto de silencio
  • Foi un momento no que todo o mundo calou e nunca eu oíra tanto silencio nesta clase è noutra clase tampouco. Karima
    Case sempre na nosa clase case sempre moito ruído, sillas, lapis que se caen. Hoxe quedamos un minuto en silencio. Eu sentín como se todo fora algo distinto.¡Foi alucinante! Lara
  • Eu sentín tódolos ruídos das outras clases , e sentín a brisa do aire fora , e tamén os coches de fóra. Jenny
  • Hoxe en clase nos hemos calado un minuto e escoitaba a radio de francés, a os coches, ao vento e aos nenos xogando ao fútbol. Miguel.
  • Hoy un minuto de silencio, todos callamos y escuchamos los ruídos de otras clases, pero fue muy especial. Ikhlasse
  • Foi un momento moi especial, pero aínda que estivemos en silencio, oíanse uns ruídos moi desagradables como os pés ou chisqueos de mans, que poderían saír dos meus compañeiros. Nalgunhas ocasións tés que te quedar en silencio para escotar todos os ruídos da natureza. Ana
  • Día contra o ruído: a sensación que tiven foi moi silenciosa, aínda que con algo de ruído, pareceume ben e moi agradábel. Óscar
  • A sensación que eu tiven, foi moi silenciosa e nunca me sorprendín tanto porque non estivemos un minuto en silencio. Emilio
  • Hoxe tivemos un minuto de silencio foi moi especial para todos. Antonella
  • Por primeira vez na nosa clase estivemos un minuto de silencio, para min foi moi especial, sentín algo que nunca oíra antes, oíanse o vento e os coches circulando pola carreteira. Isabel
  • Hoxe quedamos en silencio un minuto, nunca oín o día este, pero oín o ruído das demais clases e reflexionei para non facer tanto ruído. Rodrigo
  • Hoxe celébrase o Día contra o ruído, e na miña clase gardamos un minuto de silencio, non se escoltaba nada, salvo os coches e os nenos xogando no patio, a sensación que tiven foi moi agradábel, paseino moi ben. Daniel
  • O día 29 de abril, é o día contra o ruído, e todos os nenos e nenas de 5º C estivemos un minuto calados. A miña sensación foi como se non houbese ninguén dentro da clase, foi moi agradábel porque nunca estivemos calados. Noemi
  • A miña sensación cando estiven un minuto eme silencio, foi que escoitase moito ruído e ademais moi forte e tamén escotar cando me movo, e ata unha folla tamén fai moito ruído. Yasmina
  • Na miña clase fixemos un minuto de silencio, e a miña sensación foi estar calados sema ruído, escoitei os coches o vento, e ía por fora e os ruídos de outras clases. Foi moi raro porque somos moi charlatáns, sentinme moi ben. Fani

29.4.09

Ás voltas coas medidas


Despois de tanta viaxe espacial, non temos ningún problema en medir distancias galácticas ou terrestres, capacidades ou masas.

Mide que mide, aquí temos algúns enlaces interesantes para aprender a aprender coas unidades de medida:
Sistema métrico:


Valores, equivalencias, aprende a medir sen problemas!

Día mundial contra o ruído


Os nosos sistemas auditivos están en perigo, convén tomar conciencia de que son un sentido precioso de valor inestimable, en constante amenaza pola cantidade de ruído que estamos a soportar constantemente, a Plataforma contra o ruído convida neste día a unha reflexión e un minuto de silencio ao mediodía.
Nós sumámonos e vos?

24.4.09

Contos para regalar

Un paso para ser unha “patinadora case profesional"
Un día miña a nai decidiu apuntarme a patinaxe polo motivo de que miña irmá xa ía e gustáballe moito.
O primeiro día que fun -tiña catro anos e non sabía nada-, a miña entrenadora, Amaya, púxome os patíns -era a primeira vez que eu os poñía-, ao acabar de facelo, levanteime do banco e… “Puf” caínme de cu.
Amaya axudoume a me levantar do chan e logo preguntou:
-Estás ben?
-Dóeme un pouco o cu pero… ¡Estou ben ! –cotesteille eu, co amor propio ferido…
Ese día paseino moi mal, pero a semana seguinte aprendín a patinar. ¡A que son rápida!
Despois de un mes máis ou menos, xa sabía facer o canón, a aguia, o anxo, etc.
E… ¿A que non sabedes que ? Amaya levoume a competir ao nivel un, despois de dous anos pasei, a nivel dous e antes de que acabase nivel dous, Amaya vía que xa me saían ben as piruetas e os saltos de segunda categoría e levoume a competir.
E á segunda vez que fun competir na segunda categoría, ascendín a primeira, que é a categoría na que estou agora mesmo. ¡Co difícil que é chegar ata aquí!
Agora so me falta ir a unha competición e quedar entre as tres primeiras para ir aos campionato Galegos. ¡ A que mola !
Pódese considerar que este conto fala dunha “patinadora case profesional", pero en realidade fala dunha nena de Arteixo chamada Ana que neste ano vai facer once anos e vai patinar ao Club Patín Axel.
Coloriño, colorado este conto está rematado.
> por Ana García Varela, 5º C

Horas, minutos, segundos... O tempo pasa

1 hora? 1 minuto?


Repasa nun clic equivalencias, formas complexas, incomplexas.

23.4.09

Contos para todos

Nico e a ovella Negra


Este era un país moi, moi lonxano, os seus habitantes eran case todos campesiños.
Un dos habitantes, chamábase Nico, e vai ser o protagonista do conto.
Um dia Nico fixouse nunha ovella que ... ¡falaba!
-¿Falaba?
- Falaba.
-Ola chámome Nico.
-Eu son a ovella Negra e teño unha pata rota.
-Negriña, ¿queres que che axude a curar a túa ferida?
-Dacordo –dixo a ovella.
E dende cando Nico lle curou a súa pata, son amigos inseparables.


 
> por Nicolas

a Audio

Día do Libro

El Día del Libro, en el colegio nos enseñan a los alumnos por qué es importante dedicarle un día al Libro.
La primera novela la escribió Miguel de Cervantes, Don Quijote de la Mancha.
Cervantes murió en Madrid el 23 de abril de 1616.
En nuestra clase, lo celebramos leyendo un capítulo de Don Quijote adaptado para niños por Agustín Sánchez, hicimos una exposición en cómic de algunos capítulos de la obra y diseñamos una pegatina con un libro y una rosa.
por Estefanía Espadas Bernal

Celebrando o Día do Libro

O Día 23 de abril se celebra o Día do Libro. Todos os nenos e as nenas dos colexios fan moitas cousas porque é un día especial.
Cada ano elixen a un escritor ou escritora na Academia da Lingua Española para destacar e premiar a súa obra literaria, este ano foi premiado Juan Marsé.
> por Meryama Errami

23 de abril 2009


Celebramos o Día do Libro coa lectura de un capítulo de don Quixote que queremos deixar como agasallo a todos os nosos amigos e amigas, e unhas rosas que arrecenden a Mil primaveas.

22.4.09

Día do libro: 23 de abril 2009

Como cada ano, para celebrar o día do Libro concédese o Premio Cervantes, este ano ao escritor Juan Marsé.
E hai un acto moi especial que a nós gústanos moito é o da lectura do Quixote ininterrumpida que hoxe, día 22 deu comezo na Academia de Belas Artes de Madrid, e na nosa aula, permanecede atentos, estamos nas ondas!
O Quixote on line

Papiroflexia

Yago é moi afeccionado á papiroflexia, velaquí lle deixamos uns enlaces por se quere mellorar a súa técnica (no tempo libre).
Papiroflexia Figuras elementais con axuda para ver cómo se fan.

Día da Terra



Hoxe é un día para pensar no noso vello planeta que non anda moi sobrado de recursos.
No ano 1970, un senador norteamericano, propuxo a celebración de este día adicado á terra para concienciar aos habitantes e gobernos dos estragos que se estaban a realizar. Dende entón, fóronse sumando á celebración institucións gubernamentais, asociacións e cidadáns particulares coma tí, porque todos podemos facer algo.
Como sabedes o noso planeta está a sufrir agresións medioambientais e de explotación incontrolada. Convén tomar conciencia de que tanta beleza como nel hai, e os seus recursos non son inagotables, por eso está a xurdir un compromiso novo: O pensamento verde
  1. Un futuro libre de carbón e baseado en enerxías renovables.
  2. Un compromiso individual para un consumo sustentable responsable.
E tí, pensas en verde?
Para vós, os homes e mulleres do século XXI, os amigos e amigas do Lagarto 2009.

15.4.09

Dereitos d@s nen@s


Pasaron as vacacións e comezamos un novo trimestre. Xa sabemos moitas cousas e estamos a aprender a aprender moitas máis.

2.4.09

Petan na porta as vacacións




Nesta avaliación temos disfrutado moito aprendendo a aprender, e sobre todo a satisfacción do traballo ben feito, ás veces as notas atráncanse un chisco, pero estamos no camiño de conseguilo, ánimo!




Aquí vos deixamos este enlace para disfrutar da Xeometría,
E... cumprindo o prometido un iceberg arxentino.

27.3.09

27 de marzo: Día internacional do Teatro


De volta na Terra





















Ben algunhas viaxes duran máis ca outras, pero o importante é chegar de volta á casa. Os viaxeiros volven con agasallos, e velaquí os que nos deixaron.

Xa chegou dona primavera

Dona Primavera chegou
tinguindo os campo de verde,
veatindo as núas árbores
con folliñas e flores.
Benvida Primavera
farturenta e fermosa,
cantan os paxariños
nos seus doces trinos.

26.3.09

Día mundial da poesía, 21 de marzo: Os peixiños



Os peixiños teñen

libretiñas verdes

de follas molladas

envoltas en redes.



Don calamar

venme entintar

a multicopista

se a teño que usar.



Os peixes recean,

érguese ao mencer.

Se non len as oucas,

heinos suspender.



Porque teño brazos

con ceros colgando

para poñer notas

aos peixiños vagos.


Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes

Dona e Don, Editorial Galaxia

a Audio