A noitiña de San Xoan é tradición antiga na Coruña prender lumeiradas, nenos e grandes saltan o lume novo que nace no solsticio de verán. Nas rúas, nos patios das casas, nas praias, toda a familia e os amigos comparten a festa ao redor do lume e como non, nunha cidade mariñeira, con sardiñas asadas e cachelos.
Dende hai uns anos, a gran festa ten como escenario común ademáis, o Paseo Marítimo, dende os Pelamios ás praias de Orzán e Riazor, e O Portiño, toda a Coruña arde.
Ás doce as avoas poñen en remollo as herbas de San Xoan, herba luisa, ruda, pétalos de rosas e outras flores, chirivisco.... e ao frescor da noite e a luz da lúa, a auga servirá para lavar xa á mañanciña a cara e desvotar as cousas malas.
Canto máis se celebrará este ano, que a Torre estará máis contenta, todos miraremos para ela pois xa falta menos para que sexa declarada:
Patrimonio da Humanidade.