EXTRA, NOTICIA DE ÚLTIMA HORA: PERIGO!
Hoxe na nosa redacción recibimos unha noticia arrepiante.
Na casa de Maria Pita aconteceu un feito, moi raro e inquietante: A desaparición dunha bolsa de facer esvaecer xeo.
Os causantes dos feitos poden ser uns extraterrestres que roubaron a bolsa para meter dentro a nosa cidade e facela desaparecer.
Señores e señoras, aqui estamos nerviosísimos, sen saber se publicar ou non esta noticia, pero a nosa obriga é informar puntualmente a todos vostedes.
Parece ser que algún dos xornalistas desta casa viron polo Paseo Fluvial a un home moi extraño, que ía enrolando algo que poderia ser unha bolsa de xeo e o gardou no seu chapeu verde pistacho. Acaso era a roubada na casa de Maria Pita?
Nestes momentos, estamos a chamar á policía, para darlles a coñecer estos feitos, e xa están petando na porta. Permanezan atentos ás nosas páxinas.
O Lagarto Dixital sempre ao tanto das noticias máis crocantes da actualidade! Redacción
por Jenny
a Audio