27.3.09

27 de marzo: Día internacional do Teatro


De volta na Terra





















Ben algunhas viaxes duran máis ca outras, pero o importante é chegar de volta á casa. Os viaxeiros volven con agasallos, e velaquí os que nos deixaron.

Xa chegou dona primavera

Dona Primavera chegou
tinguindo os campo de verde,
veatindo as núas árbores
con folliñas e flores.
Benvida Primavera
farturenta e fermosa,
cantan os paxariños
nos seus doces trinos.

26.3.09

Día mundial da poesía, 21 de marzo: Os peixiños



Os peixiños teñen

libretiñas verdes

de follas molladas

envoltas en redes.



Don calamar

venme entintar

a multicopista

se a teño que usar.



Os peixes recean,

érguese ao mencer.

Se non len as oucas,

heinos suspender.



Porque teño brazos

con ceros colgando

para poñer notas

aos peixiños vagos.


Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes

Dona e Don, Editorial Galaxia

a Audio

23.3.09

Libros favoritos: Manuela

Autora: Marta Osorio
Ilustradora: Violeta Monreal

Manuela é una nena xitana que, cos seus ollos curiosos, lévanos de paseo polo su mundo, fantástico, real, poético.


Este libriño para cativos está a gustarnos moito, da súa man estamos a aprender que todas as persoas somos iguais.

18.3.09

De conto

Acabamos de chegar do concerto celebrado no Pazo da Ópera da Coruña.
A OSG interpretou O paxaro de lume, de Igor Stravinsky, baseado nun conto popular ruso. Aínda que houbo unha orixinalidade, a de situar a acción nas fragas do Eume.
A mín, pareceume moi interesante.
O momento máis emotivo cando que Mauricio víu os ollos da bruxa, e o máis divertido cando comezou a verse máis pequeno e caíalle a roupa corpo abaixo... que poidemos sentir na música que ía suaviña e despois daba como un golpe que retumbaba ata o chan.
E un agasallo para todos os nosos pais: Contos populares rusos
> Ana

Décima a décima

Imos ter uns días de descanso, despois de felicitar a papá, non esquezades os decimais, para saber a parte que corresponde aos anaquiños de torta que caen...
Decimais
Multiplicación
División:
Unidade seguida de ceros con decimais
Primeiro caso

12.3.09

E proxectos


9.3.09

Proxectos


Estamos moi traballador@s, mirade!

A máquinas


Lara e Andrea presentaron así de ben o seu Proxecto sobre as máquinas.

6.3.09

@s máis leóns



O premio Lagarto aos Máis leóns de este mes foi para:


Meryama e Yasmina


Responsables da Biblioteca de aula

5.3.09

Libros favoritos


Os negocios do señor Gato

Contos e rimas felinas


Autor: Gianni Rodari

Editorial: ANAYA
Colección: Sopa de libro
Argumento:
Un gato quere vender ratos en conserva.
Lectores: Cristian, Meryama

Libros favoritos


Querido estupidiario: Mis pantalones están destrozados


Editorial: SM
Colección: El barco de Vapor. Naranja
Autor: Jim Benton
Ilustraciöns: Jim Bent
Argumento:
Unha nena conta todo o que pasa e explica cales son os seus amigos e cales non.
Libro recomendado polos lectores: Yasmina, Carla, Lara e Alex

Os nosos favoritos

Libro favorito do mes de febreiro:

Querido estupidiario
(en castelán)
Os negocios de Señor Gato
(en galego)

O sistema solar








Maqueta do Sistema solar realizada por Miriam para o seu proxecto do tema:

Sistema solar e a Terra

3.3.09

Viaxe espacial


Videos tu.tv

Queres facer con nós unha viaxe espacial, apreta ben o cinto... Despegamos!

10, 9, 8, 7, 6, 5,4,3,2, 1..... 0