Un paso para ser unha “patinadora case profesional"
Un día miña a nai decidiu apuntarme a patinaxe polo motivo de que miña irmá xa ía e gustáballe moito.
O primeiro día que fun -tiña catro anos e non sabía nada-, a miña entrenadora, Amaya, púxome os patíns -era a primeira vez que eu os poñía-, ao acabar de facelo, levanteime do banco e… “Puf” caínme de cu.
Amaya axudoume a me levantar do chan e logo preguntou:
-Estás ben?
-Dóeme un pouco o cu pero… ¡Estou ben ! –cotesteille eu, co amor propio ferido…
Ese día paseino moi mal, pero a semana seguinte aprendín a patinar. ¡A que son rápida!
Despois de un mes máis ou menos, xa sabía facer o canón, a aguia, o anxo, etc.
E… ¿A que non sabedes que ? Amaya levoume a competir ao nivel un, despois de dous anos pasei, a nivel dous e antes de que acabase nivel dous, Amaya vía que xa me saían ben as piruetas e os saltos de segunda categoría e levoume a competir.
E á segunda vez que fun competir na segunda categoría, ascendín a primeira, que é a categoría na que estou agora mesmo. ¡Co difícil que é chegar ata aquí!
Agora so me falta ir a unha competición e quedar entre as tres primeiras para ir aos campionato Galegos. ¡ A que mola !
Pódese considerar que este conto fala dunha “patinadora case profesional", pero en realidade fala dunha nena de Arteixo chamada Ana que neste ano vai facer once anos e vai patinar ao Club Patín Axel.
Coloriño, colorado este conto está rematado.
> por Ana García Varela, 5º C