22.1.09

Palilleira

Lara non deixa de nos sorprender, acabamos de saber que sabe palillar, aprendeulle a súa nai que é unha artista palilleira, mirade senón a mostra que fixo coa súa axuda da cor do Lagarto.
Bravo Lara é unha moi fermosa tradición da nosa terra que estivo a piques de desaparecer pero algunhas mulleres tan emprendedoras e traballadoras coma tí, fixeron posible que seguise adiante o encaixe de bolillos ou de palillos para algúns, de Camariñas para nós, pois foi o lugar onde houbo máis tradición.
As mulleres xuntábanse nas famosas palilladas que eran tamén unha festiña, pois lembrade que non había tele. Non todo era festa pois un traballo tan fermoso cansa tamén moito.