O venres pola noite houbo un ciclón, eu metidiña na cama escoitaba un vento que parecía querer levar o tellado, e tamén a todos nós, sentín moito medo, tapeime ata o nariz coa manta como fago sempre que teño medo e así pásaseme.
Arredor das dúas da mañán, desperteime por causa do vento e mirei o reloxio da mesiña de noite e pestenaba pois non había luz eléctirca, sei que era esa hora porque sempre deixo o de pulseira á man, tremando de medo pois o vento parecía querer levarme con el, conseguín volver a durmir.
Ao despertar todo estaba no seu sitio, despois funme enterando cando levei de paseo a Luky, o meu can, de algúns desperfectos que fixera o ciclón, ao meu veciño quedou sen a reixa da cancela.
> Ana García Varela