O día 20 de febreiro os alumnos de 6º fomos a visitar en Sabón “A voz de Galicia”. A guía que nos atendeu explicounos como se facía o periódico, dende que se producía a noticia ata que chegaba a máns do lector.
Tamen tivemos a oportunidade de ver as máquinas que construían o periódico, o almacén onde se gardaban os rolos de papel de prensa, que algúns chegaban a medir máis de 21 km. Despois fomos todos a ver o museo, onde estaban algunhas das máquinas que facían o periódico antigamente. Eran unhas máquinas moi vellas e grandes. Tamén había periódicos moi vellos de fai moitos anos. Ao final a guía repartíu un especial da Voz de Galicia e un video sobre a natureza. Foi unha visita moi interesante.