21.2.08

Visitamos a Voz










"NON PENSEDES QUE TRABALLAR
NUN XORNAL É FÁCIL"





. por Brais


Hoxe pola mañá os alumnos/as de 6º curso do colexio C.E.I.P. Ramón Otero Pedraio de A Laracha visitamos no polígono de Sabón (Arteixo), a central do periódico A Voz de Galicia, para facer un periódico coma ese fan falla diversas cousas.

Cando entramos había unha oficina na que traballan os redactores do periódico, a súa xornada comeza as 11:00 da mañá, o traballo que fan nos ordenadores vai por medio dun cableado dun edificio ao outro, alí plasman a información dos ordenadores en planchas de aluminio.

Despois, baixamos unha planta ,alí hai unha máquina expendedora que leva os periódicos colgados. Logo deso vimos outra máquina pero esta tiña os periódicos clasificados segundo o seu destinatario; cada día fanse 4 paquetes de 100 periódicos cada un para o quiosco de A Laracha.

Na industria preparan rotativas para toda Galicia: Ourense, Vigo, Pontevedra, etc… A última é a de A Coruña as 3:00, 4:00 da mañá porque está máis cerca.

Un pouco máis adiante atópase a demobinadora nas que se colocan as bobinas de 1 tonelada e media. Nunha entrada que hai a dereita encontrase un tanque de tinta negra que ten que estar a 28º de temperatura; hai 4 tipos de tinta: negra, azul, vermella e amarela.

Tamén hai un almacen de papel no que se encontran bobinas que se se estiran poden chegar a medir 21 Km, os traballadores teñen unha máquina especial para transportar esas bobinas chamada cariñosa.

Na industria de A Voz De Galicia estan moi preparados contra os apagóns porque teñen unhas máquinas que seguen dando enerxía sen que os traballadores sepan que hai un apagón.

Segundo as persoas que traballan en A Voz de Galicia o periodico máis antigo fíxose no ano 1892, esa noticia foinos trasmitida a través dunha chica moi amable que nos foi guiando durante todo o camiño, a súa única pega foi que non nos dixo o seu nome.

A Voz de Galicia é un periodico que foi publicado fai xa 125 anos grazas Don Juan Fernández Latorre. No tempo en que se icreou o periódico non era tan fácil facer os escritos posto que as letras se facían a través dunha máquina antiga; as letras eran de plomo é para poñelas no periódico plasmábanse nunhas planchas de aluminio pero para que fosen ben poñíanse do revés. Por todo eso eu creo que todas as persoas que estan pensando ser periodistas de maiores ou traballar nun xornal que non pensen que é todo moi fácil porque na miña opinión, é un traballo moi liante e sobre todo estresante.