A familia de María Josefina, grandes admiradoras do Lagarto Dixital, alá na outra beira do mar, en Pilar, Bos Aires, Arxentina, votan de menos unha foto do colexio e teñen moita razón pois non había ningunha do edificio, miren que bonito é na mañanciña de este día de inverno.
Este é o Edificio 2, o "Colexio novo" para nós, nel están as aulas de Educación Primaria.
No Edificio 1, o "Colexio vello" están as aulas de Educación Infantil, que enseñaremos outro día, pero teñen que agardar un chisco a que lles explique todo Mª Josefina, que aínda que ten moita morriña está moi contenta e ten moitas amigas.