26.2.08

Visitamos A Voz




. por Alison

Hoxe fomos a Voz de Galicia, alí estaba unha chica que nos explicou todo paso a paso. Primeiro fomos ver onde traballaban os que facían os artigos, logo vimos unha plancha de aluminio que grababa os textos. Tamen vimos distintas máquinas; as que recollian os periódicos, as conduccións da tinta, que eran de catro cores: negro, vermello, azul e amarelo. Despois vimos uns rolos de papel que gardaban nun almacén, e se os estiravas de longo eran
21 km.
Alí tiñan unha máquina que se chamaba Cariñosa, porque sempre agarraba os rolos de papel de prensa.Ao final, foi o máis divertido, fomos a ver o museo onde hai xornais de hai máis de 150 anos, e nos regalaron un especial da Voz de Galicia e un video sobre a natureza.