26.2.08

Bruna a gran estrela do pop

. Por Pili Cotelo

Bruna era unha rá moi alegre e faladora que tiña moitos amigos. Un deles era Brais, levábase xenial con el, contáballe todos os seus segredos, todos menos un, o máis importante para Bruna, que de cumplirse sería a rá máis feliz do mundo, o seu gran soño era ser unha gran estrela do pop.

Un día decidíuse a contarlle a Brais o seu soño, el quedou sorprendido e pedíulle a Bruna que lle cantara unha canción. Ao escoitala cantar por primeira vez a súa sorpresa foi aínda maior.
Brais díxolle á súa amiga que había un casting para participar en Operación Triunfo, e Bruna nada máis oir eso nono pensou e aproveitou esa gran oportunidade.
O xurado ao escoitar cantar a Bruna coa súa fermosa voz, decidíu que merecía ser a gañadora do concurso e así o foi.
Dende aquel momento convertiuse nunha gran estrela do pop, en pouco tempo gravou tres discos e xa ten un disco de ouro.