NA REDACCIÓN HABÍA UN MONTÓN DE ORDENADORES
. por Cristian
O día 20 de febreiro fomos de visita a La Voz de Galicia.
Entramos polo edificio de redacción e administración alí, había un montón de oficinas e ordenadores nos que facian as follas dos periodicos, despois pasamos por unha pasarela ata a planta de impresión e expedición donde estaban as rotativas e o almacén de papel, nel tiñan unha carretilla a que lle chamaban Cariñosa.
Despois fomos visitar o museo, había un montón de periódicos, máquinas moi antiguas o periódico máis antiguo era do ano 1499 ao rematar, despois de velo todo, sacarnos unha foto, déronnos un periódico e máis un CD de documentais que se titulaba ”As mellores escapadas”.
Ao final, fomos para o autobús contentos e con ganas de volver outra vez.