Portada: Irene Parga, miña querida alumna, a tí tamén te quero Adriana!
Grazas Irene, moita sorte nos teus proxectos e ilusións.
Chic@o, graciñas a todos e todas por estes dous cursos canda vós. Aprendimos todos e todas de todos, motísimo, ¿verdade?
Una aperta aos vosos pais e nais, avós, avoas... a tod@s. Amosálledes aos avós e avoas o ben que traballástedes, poñédelles os DVD, facede caso, xa veredes os resultados.
Estade atentos que aparecerán os contos atrasados, sabedes que cumpro as promesas.
Bicos!
Asi comezou O Lagarto, cando estreou escamas novas polas TICs o 13 de febreiro de 2006, levaba o
nome de Magnolia:
Hai un lugar no corredor
para poder medrar,
axudar ao compañeiro,
facer pontes de papel,
esquecer o non sei,
dicir cousas bonitas,
debuxar os soños.
No alto de Pastoriza
onde os ventos zoan,
á beira da Furoca,
nas vellas terras de Arteixo
bravas coma o mar,
Onda tí descubres
a fortaleza das súas xentes,
e a túa propia,
na túa Aula, para sempre...
na túa Aula, para sempre...