29.6.16

De medo


Fátima, sempre ve o lado bó das cousas e aconsella dar unha oportunidade, hai que escoitar aos demáis aínda que sexan raros.

O monstro


O monstro que me encontrei onte, é moi peludo e non para de gruñir e gruñir… 

Ben, así son, supoño eu…

Este monstro ten o corpo moi colorido, vamos, eu creo que se chama: Señor Colorín (////), así son súas as cores, máis ou menos... Ten os ollos negros e verdes,  moi raro era,  ¿ou non?

Despois tiña os pés de case dous metros, case, e non exaxero nada...

Eu estaba falando con el e a xente mirábanos moi raro, (a min e  a Colorín). Colorin estaba moi contento de poder falar comigo.


Eu creo que nos fixemos amigos, non sei como pasou, pero creo que nos fixemos

amigos porque escoitei o que me contaba.

Non sei por que pensan que os monstros son malos, pero o meu Colorín é moi manso.

Por Fátima



Un  monstro debaixo da cama


É bo ser valente e afronntar os problemas, pero non hai que esquecer que é mellor pedir axuda e consello.


Un día vin un monstro debaixo da miña cama. Saquei o pé e antes de poñelo na alfombra, ruxíu:

-Agggrrrrrrrrrrr!

Volvín meter o pé na cama e non ruxíu máis.

Non dixen nada a ningúen de este suceso, porque pensei que se ían rir de min.

Ao día seguinte, pasou o mesmo, pero esta vez falei con el e fíxenme a súa  amiga.
 E resoltou ser moi simpático.


Por Alba