19.3.15

O misterio do caderno de naturais




O 13 de febrero de 2015 desapereceume o caderno de Naturais. Busquei por todas partes da miña casa, do colexio pero nona encontrei. Tiña unas cantas actividades por facer e moito medo. Así que díxenllo á miña  nai que contestou:

-Tes que volver copiar as actividades.

Volvín a buscar o caderno, e nada. Por sorte ao día seguinte era venres,  a festa dos disfraces.  Aínda tiña catro días de vacacións de Entroido para buscala.

Pasaron os catro días, as festas acabaron e o caderno nono tiña. Ao chegar á escola, Manuela, a miña mestra, déume o caderno.

Olvidárame de que me pedira o caderno para correxilo! E xa non me preocupei máis.

Volvín á casa feliz con un:  Moi ben! no caderno e un sorriso para a miña nai, que non se enterara de toda a historia, pero eu conteílla.

 
> Gloria