6.2.09

Lendas: Ícaro





Dédalo, famoso arquitecto heleno, autor de Labirinto da Illa de Creta, foi considerado traidor polo rei Minos ao axudar a Ariadna a sair do lugar coa axuda dun novelo de fío deseñado por el.

O rei andao encarcelar, e Dédalo sabedor de que non ten escapatoria, fai con plumas e cera de abella unhas ás para que el e o seu fillo Ícaro, poidesen fuxir de Creta voando.

Dédalo aprende a Ícaro a voar, e aconséllale que non suba moi alto, pois o sol podería derretir a cera das ás.

Cando están preparados consiguen escapar de Creta, viaxan ata Paros, Delos e Samos, conseguindo liberarse. Mais cando chegaron as costas de Asia Menor, Ícaro seguíu voando e voando aproveitando os ventos cada vez máis alto, ata que o sol derreteu as súas ás e precipitouse ao mar nas proximidades da illa que leva o seu nome: IKARIA