13.2.09

Que cantan os poetas?: Bolboreta


Raio de luz, bolboreta,
que voas de flor en flor:

¡Non che me engana o teu voo,
que me engana a túa color!


¡Non che me engana o teu voo,
nen teu ar de soñadora!
¡A gracia da túa color

é o que a mín me namora!

¡Engádeme a túa color,
mitad noite e aurora,
as túas antenas delgadas
e as túas alas voadoras!


Bolboreta, vidro feble
que voas polo xardín:

¡Semellas bolboretiña,
unha dona de postín!

Noemí tráenos oxe no seu espazo este precioso poema de Manuel María pertencente ao seu libro: Os soños na gaiola

a Audio
Presentado por Manuel
Recitado e ilustración: Noemí