11.10.07

Xa estamos en 6º



Ola amigos, xa somos os grandes da escola! Aínda non baixamos a Informática, porque tivemos moito que repasar despois das vacacións.

Temos dous compañeiros novos, Adrián que xa o coñecíamos porque repite curso, e Mª Josefa.


Mª Josefa naceu na Arxentina en Bos Aires, é moi simpática e boa compañeira, non entende moito o galego, pero Brais e Ana son os seus voluntarios lingüísticos para a axudaren en todo.


Nos primeiros días Bea e Fani dixéronlle onde estaba todo, e presentáronlle a todos os seus amigos e amigas.
Esta era a súa escola no seu país.
Benvida, María Josefa e ...
Benvido ao noso grupo Adrián!