25.10.07

O Concello paso a paso




> Traballo recopilado por Daniel Remuñán


Mapa do noso Concello, por parroquias.



Eu son da paroquia de Santa Mariña de Lemaio. Para que a coñezades un pouco, fixen este traballo:



Santa Mariña de Lemaio, é unha parroquia que se localiza no oeste do Concello da Laracha e comarca de Bergantiños.
Limita ao noroeste con Lendo , ao suroeste con Cabovilaño e o resto co municipio de Carballo.
Está atrevesada polas duas vias de comunicación da comarca a AC-522 e AG-55.Ten 3.5 km2 de superficie.
Os lugares que a compoñen son:
O Francés, O Cruceiro Vello, Entrerrios, A Fontaiña de Abaixo, A Fontaiña do Medio, A Fontaiña de Arriba, A Fraga, A Pedreira, A Pedrarrubia, O Pereiro, Pousadas, Tuixe de Arriba, Tuixe de Abaixo, O Ramo, Quenxe e Proame.
Conta con 286 habitantes. O acceso principal e atraves da AC-552. As actividades da parroquia son a ganderia, a agricultura e o forestal.

A parroquia ten como caracteristica a conservación do patrimonio de estilo barroco, como a igrexa de Santa Mariña.

A IGREXA



Construida en cadeirado de granito, de estilo arquitectónico barroco.


Planta de forma rectangular dunha soa nave, cunha cabeceira de sección rectangular de orixe románico. Debaixo do coro áchase unha pia de auga bendita formada por capiteis de orixe visigodo.
Na fachada principal de dous corpos: o inferior con dous arcos de medio punto que compoñen as campás, e o superior rematado por tres pináculos.




O CRUCEIRO




A súa constuccion é de granito e formigón cunha plataforma cuadricular de dous chanzos e un pedestal cúbico.
O fuste e octogonal ao principio e remata en cadrado, enriba ten un capitel cuadrangular e unha cruz de formigón con brazos enchafranados.




O PAZO




Edificación do século XVI. Consta de dous corpos construidos en distintas fases.
Ten un arco de medio punto de grandes doelas que foi modificado para colocar a entrada. Posúe dous escudos na fachada principal.






O MUÍÑO



Trátase dun muiño de auga, co muros de cachotaria e cuberta a unha auga, nel hai unha presa e unha canle que leva auga ao muiño procedente do rio Maior.




A FONTE

Situada a veira da estrada principal C-552 Coruña - Carballo, construída en granito con chapado de pedra.