Marcos Martínez Cotelo
> por Marcos Martínez Cotelo
RAMÓN OTERO PEDRAYO
(1888- 1976)
Ramón Otero Pedrayo naceu o 5 de marzo de 1888. Fillo de Dona Eladia Pedrayo e de Don Enrique Otero, médico que exerceu xenerosamente a sua profesión dende o Pazo de Trasalba, nos Chaos de Amoeira.
O neno Ramón Otero criouse no seo dunha familia culta e liberal.
Otero naceu nunca rúa que era antes o centro do paseo dos señores da ciudade ao lado do Teatro Principal.
Na mesma casa, no primeiro, naceu e criouse o neno Vicente Martínez Risco e Agüero. A súa amizade e mútua influencia intelectual será permanente ao largo da vida dos máis destacados membros da xeración Nós.
Ramón estudiou bacharelato no instituto de Ourense que hoxe leva o seu nome e trala ceda morte do seu pai, pasa a Santiago para seguir cos estudos de Filosofía e Letras que ten que rematar en Madrid.
De volta a Ourense en 1911 se integra no grupo dos “inadaptados” no que participan Vicente Risco e Florentino Cuevillas.
Coa chegada da II Republica consegue acta de deputado por Ourense por un conxuntural Partido Nacionalista Republicano que enseguida seintegrou, xunta outras forzas locais, no Partido Galeguista.

O principal da súa obra literaria foi escrito entre a segunda metade da década dos vinte e a primeira dos trinta.
No ano1950 pasará a ser Director da Editorial Galaxia.
Pola galería do seu Pazo de Trasalba ou pola camilla da súa casa da Rúa da Paz en Ourense, pasarán nos anos seguintes novas promocións de persoas interesadas pola cultura da terra ata a súa morte en 1976.