28.1.08

Premio Contos de Nadal do Concello de A Laracha


º


Un soño na neve


< Por Beatriz Mallo Caamaño

Hai moito tempo, case tanto que ninguén se acorda, na Vila de Montes vivía unha rapaza alá arriba na montaña. Tiña unha casiña pequena na que vivía ela soa e nunca baixaba á Vila porque non lle gustaba o ruído.
Cando chegou o Nadal comezou a nevar. A rapaza non tivo máis remedio que baixar á Vila.
Non era nada fácil con tanto alboroto, pero de seguida se acostumou. Foi á escola, xogou con otros rapaces e ata enterrou un papel que dicía:

“Este sí que é o meu soño na neve.”

Asinado; A rapaza da Montaña


A rapaza seguíu xogando e cantando por fin se fixera realidade o seu soño:
Xogar e cantar coma os outros rapaces. Pero cando se acordaba daquela vida que levaba na montaña entristecíase.
Nunca quiso volver subir alá. Cando a montaña caeu, alegrouse moito.
Tivo ese regalo fantástico: Caeu a montaña. Agora xa non era a rapaza da montaña, era a rapaza da Vila de Montes.