1.6.15

O bosque de Paulo

O  BOSQUE ENCANTADO:
 
Érase  unha vez un  bosque cerca da miña casa con moitas árbores e uns animais moi especiais,  din todos os vecinos. Eu quero imaxinar que é certo, que durante o dia todo acontece con normalidade, as árbores medran móvense co ar, móllanse coa choiva, as flores florecen co sol e  medran un pouquiño
cada dia.
Os animais son coma os de calquer bosque, as formigas carretan follas, os paxaros carretan ramiñas, os coellos fan buratos na terra...,  as bolboretas andan como tolas de flor en flor.
Pero todo isto que vos estou contando acontece só durante o día, porque din os vecinos que pola noite as formigas, transfórmanse en camións xigantes con rodas enormes, os paxaros son  como avións, os coellos parecen autocares correndo pola estrada, e as bolboretas aseméllanse a motos pero sen rodas. 
Dino os veciños, que eu pola noite estou durmindo e cos ollos pechados non vexo nada.
 
Paulo