31.5.07

Un día no castro de Viladonga


> por Melanie Guillín

Onte 29 de maio, fomos a Lugo e ao castro de Viladonga, tocounos unha guía que e chamaba Lola, e nos explicaba todo, que as vivendas eran redondas e rectangularees; as máis antigas, as redondas, tiñan a lareira no medio porque o teito era de palla; as rectangulars, máis modernas do tempo dos romanos, tíñana nunha esquina e o teito era de tella.
Nese momento, preguntou cal dos dous materias sería mellor, i eu respondínlle que a tella porqu non filtraba tanto a humidade, dixo que era así.
O castro pareceume moi bonito, o que está claro, é que para mín foi unha experiencia inolvidable.

Pedregal de Irimia



> por Alison Merola Calvete


O día 29 de maio de 2007, fomos a Lugo a visitar o Castro de Viladonga, de camiño visitamos a Serra de Meira.
Alí puidemos ver o nacemento do río Miño entre unhas rochas. O sitio chámase Pedregal de Irimia, no alto do monte, había viraventos e subimos ata alí. Primeiro fomos por un camiño de toxos. Ai! Como picaban, e despois seguimos polas rochas, ao principio non cansaba nada, pero despois cansaba moitísimo, porque as rochas eran xigantescas.
Andivemos uns cuarenta minutos para subir á cima do monte onde estaban os viraventos, enormes, altísimos, xigantes, non sei moito máis ca dosus atobuses de pe.
Comezou a orballar e baixamos con coidado porque esvarábamos nas rochas, varios rapaces levaron cuadas e meteron o pe nos buratos que había entre as pedras,,, e hobo que rescatalos, o profesor Antonio tamén subíu e demostrou que era capaz de subir ata o cumio, pero non chegou por ter que rscatar a perna de Miriam que quedou trabada.
Cando chegamos estábamos moi cansos pero pagou a pena.



As Fontes do Miño

> por Beatriz Mallo

Nas fontes do Miño hi moitas pedras entre as que vai saíndo auga que forma o Miño. Nos arredores hai una capela con mesas e bancos.
O Miño ten unha baixada espectacular, é moi estreito ao baixar, é bonitísimo.
Na beira ten terra seca aplastada e dúas árbores de cobixo. Foi o mellor da viaxe.

O Castro de Viladonga


> por Pili Cotelo

O Castro de Viladonga, está situado no alto dun outeiro, rodeado dunha muralla de protección, e desniveis de terreo, tamén hai un foxo.
O foxo que arrodeaba o castro, era moi profundo, pero co paso do tempo foi disminuíndo por causa dos desprendementos de terra. da choiva e do vento.
A pedra que utilizaban chamábase pizarra.
Hoxe está deshabitado, pero hai uns 1.500 anos vivía xente no castro de Viladonga.
Despois foi olvidado, permanacendo en lendas ata que unha pastora que coidaba as súas vacas atopou un torque de ouro.
As vivendas eran redondas e rectangulares. A pedra que utilizaban para as paredes, chamábase pizarra.
As vivendas máis antigas eran as circulares, o teito era de palla, a lareira estaba situada no centro para evitar que o faíscas do lume queimara os utensilios.
As vivendas rectangulares, son máis modernas, corresponden ao tempo dos romanos, O teito estaba cuberto por pizarra, e a lareira estaba situada nun curruncho.


Cando as vivendas teñen unha parede en común chámanse barrios. As edificacións eran utilizadas tamén como lugar de reunión.
As excavacións no castro comezaron hai 30 anos, e seguen a descubrir cousas na actualidade.
Cando están a facer unha excavación, van poniendo lousas de pizarra na parte superior, para que non se estraguen as paredes e por riba unha capa de terra co fin de que haxa a humidade necesaria.
O solo estaba feito con terra batida e tamén con lousas, nas rúas poñían cuarzo branco para poderen seguir o camiño de noite ao reflexar a luz da lúa ou de un rachón que levasen prendido.
Os camiños os trazaban con moitas curvas para que os ladróns tardasen en atopar a entrada e eles pudieran atacar.


myspace layouts, myspace codes, glitter graphics



28.5.07

A Torre de Hércules

Para pensar...

Tes moitas máis cualidades das que tí mesm@ pensas.

Para pensar...

"Tes máis cualidades das que ti mesm@ pensas; pero para saber se son de bon ouro as moedas, hainas que facer rolar, facelas circular.
Gasta o teu tesouro."

Gregorio Marañón

>

25.5.07

Historia sobre o lume







Hai miles de anos o home descubriu o lume. Algo que agora utilizamos con frecuencia nas nosas casas, para cociñar, quentar auga etc.


Ainda que a nós o lume nos pareza algo normal e un gran descubrimento, pode que sexa o maior descubrimento do home en miles de anos.


Os nosos antepasados cando o descubriron usárono para cousas como as que facemos nós normalmente: cociñar, quentarse, crear luz etc.



>por Pili e Sofi

Historia

Viaxe alucinante!


Estamos traballando coa páxina da Prehistoria, no enlace de Paleontoloxía podemos facer unha viaxe no tempo.

Dinosaurios, reptiles, e peixes pasan ante os nosos ollos. é fascinante! A páxina é moi interesante e aprendes moito, non me imaxinaba que poidese ser así.

Adrián está tan emocionado que pide permiso para poder buscar fósiles no castro de Viladonga.


Ana e Jéssica

24.5.07

Quen inventou o lume?


Falamos do grande paso que supuxo o descubrimento, e a conservación do lume para a evolución, e sobre todo a súa creación, que daba forza e poder sobre as outras especies.

Hai unha película que recrea esta aventura, Na busca do lume.


E mirade, hai quen a esta pregunta respondeu así.

Lagarto prehistórico


Sabías que o lagarto xa existía na Prehistoria?
Hai exemplares fosilizados con milleiros de anos de idade. O avó do noso Lagarto tería un aspecto como o da foto según a reconstrucción feita polos científicos.
Para saber máis:
>> Lagarto bípedo

Prehistoria




A Prehistoria


Que debes saber?


Así vivían:

Enlace para video das covas de Altamira


Queres viaxar no tempo?

Visita este enlace, non te arrepentirás!

22.5.07

A poboación


Para saber máis sobre o tema da Poboación, asentamento e recursos humanos. Vai cambear un pouco o vocabulario como estamos a ver e moitos conceptos que non ceñecíamos, pero non é moi difícil, sei que vos vai gustar moito, xa veredes. Para axudarvos busquei estes enlaces:

Neste enlace poderás ver gráficas sobre a distribución da poboación na nosa Comunidade no Censo de 2004

15.5.07

Os allumnos de 6º foron a Santiago


As profesoras de 6º Marina e Ana, tan marchosas elas, levaron aos seus alumnos a Santiago de Compostela.

Visitaron o Parlamento de Galicia, no que puideron sentarse nos escanos do Hemiciclo e sentirse como verdadeiros deputados galegos, quen sabe se algún deles nono será no futuro!

Tamén admiraron as importantes obras pictóricas e mesmo o edificio, en espeicial as das sas de reunións dos diferentes partidos, que lles gustaron moito.

Despois da comida, foron a contemplar a Plaza do Obradoiro e como non, o interior da Catedral, que recorreron grazas ás instruccións que levaban, plano en ristre, feito polas profesoras que tamén lles explicaron as cousas máis importantes.

Ao saír da catedral, tiveron tempo de pasear e mercar agasallos para a familia, ao redor das Prazas da Quintana e Praterías.

Volta ao autobús para visitar o Museo do Pobo Galego, percorrendo as instalacións tamén deste antigo convento e o Panteón dos Galegos Ilustres, onde está enterrada entre outros Rosalía de Castro.

A viaxe de volta, foi en tren ata A Coruña onde os esperaba o autobús para traelos de volta de esta emocionante e artística viaxe.


14.5.07

Palabra a palabra

> por Pili Cotelo
Os alumnos e alumnas do Colexio estamos a facer sendeiros de palabras para María Mariño, as nosas palabras son:
  • Estrela

  • Roseira

  • Lúa

  • Amor

  • Paixón

  • Pálpebra

  • Corazón

  • Bolboreta

  • Luz

  • Esmeralda

  • Xaguar

  • Rubí

  • Mar

  • Galicia

  • Maio

  • Nai

  • Barco

Letras 2007

A Marola



Crucei o mar da Marola e faloume no seu són,
faloume aberto en voz sonora
e ritmo forte.

As gueivotas non paraban, revoloteaban mariñeiras.
Picaban as augas do sal
vermello e argazo en rolo.

Estaba soia, soia comigo e ca proa
dun barco pesqueiro que nela zoaba
mentras dicía en comestas verbas:

“Fun, son e serei castigo dunha onda
arrolada na pena que chamou Marola”.

Ninguén lle oieu, máis un vento furón soupo de sí
i enredándose en min quebrou seu nome.

Escurécese o mar, a Marola sinte frío,
envólvense as ondas na nebra.
érguese peito-fala:

Cando de soia me erguín crucei o mar
da Marola. Eran as ondas enteiras, duras e longas,
era a súa espuma loita. Non tiña medo do vento.
Mar sin marea que trocara súa ronda.


De Verba que comenza
María Mariño
LETRAS 2007

13.5.07

Rap da Dinamiteira


Caricatura: Miguel Angel Vilas
8 de xuño de 1907



Na Vila de Noia
nace unha nena,
filla de zapateiro
e costureira,
rosiña delicada,
rosa morena.

Gusta María
de pasear soíña
pola ribeira,
oíndo o falar das ondas
batendo as penas.

A triste guerra
infire fondas feridas
á costureira,
costu- costurei-
costureira!

Florece a roseira,
murcha enseguida,
María no Courel
entristecida,
sinte a Terra toda
nas súas feridas.

Con vebas de coral
papel de argazos,
María fai poemas
que levan a mar toda
dende a ribeira,
aos soutos do Courel,
en rosas de cen follas:

Dinamiteira!


Manuela