31.5.07

O Castro de Viladonga


> por Pili Cotelo

O Castro de Viladonga, está situado no alto dun outeiro, rodeado dunha muralla de protección, e desniveis de terreo, tamén hai un foxo.
O foxo que arrodeaba o castro, era moi profundo, pero co paso do tempo foi disminuíndo por causa dos desprendementos de terra. da choiva e do vento.
A pedra que utilizaban chamábase pizarra.
Hoxe está deshabitado, pero hai uns 1.500 anos vivía xente no castro de Viladonga.
Despois foi olvidado, permanacendo en lendas ata que unha pastora que coidaba as súas vacas atopou un torque de ouro.
As vivendas eran redondas e rectangulares. A pedra que utilizaban para as paredes, chamábase pizarra.
As vivendas máis antigas eran as circulares, o teito era de palla, a lareira estaba situada no centro para evitar que o faíscas do lume queimara os utensilios.
As vivendas rectangulares, son máis modernas, corresponden ao tempo dos romanos, O teito estaba cuberto por pizarra, e a lareira estaba situada nun curruncho.


Cando as vivendas teñen unha parede en común chámanse barrios. As edificacións eran utilizadas tamén como lugar de reunión.
As excavacións no castro comezaron hai 30 anos, e seguen a descubrir cousas na actualidade.
Cando están a facer unha excavación, van poniendo lousas de pizarra na parte superior, para que non se estraguen as paredes e por riba unha capa de terra co fin de que haxa a humidade necesaria.
O solo estaba feito con terra batida e tamén con lousas, nas rúas poñían cuarzo branco para poderen seguir o camiño de noite ao reflexar a luz da lúa ou de un rachón que levasen prendido.
Os camiños os trazaban con moitas curvas para que os ladróns tardasen en atopar a entrada e eles pudieran atacar.


myspace layouts, myspace codes, glitter graphics