Caricatura: Miguel Angel Vilas
8 de xuño de 1907
Na Vila de Noia
nace unha nena,
filla de zapateiro
filla de zapateiro
e costureira,
rosiña delicada,
rosa morena.
Gusta María
Gusta María
de pasear soíña
pola ribeira,
oíndo o falar das ondas
batendo as penas.
A triste guerra
A triste guerra
infire fondas feridas
á costureira,
costu- costurei-
costureira!
Florece a roseira,
costureira!
Florece a roseira,
murcha enseguida,
María no Courel
entristecida,
sinte a Terra toda
nas súas feridas.
Con vebas de coral
Con vebas de coral
papel de argazos,
María fai poemas
que levan a mar toda
dende a ribeira,
aos soutos do Courel,
en rosas de cen follas:
Dinamiteira!
Manuela
a Audio