14.5.07

A Marola



Crucei o mar da Marola e faloume no seu són,
faloume aberto en voz sonora
e ritmo forte.

As gueivotas non paraban, revoloteaban mariñeiras.
Picaban as augas do sal
vermello e argazo en rolo.

Estaba soia, soia comigo e ca proa
dun barco pesqueiro que nela zoaba
mentras dicía en comestas verbas:

“Fun, son e serei castigo dunha onda
arrolada na pena que chamou Marola”.

Ninguén lle oieu, máis un vento furón soupo de sí
i enredándose en min quebrou seu nome.

Escurécese o mar, a Marola sinte frío,
envólvense as ondas na nebra.
érguese peito-fala:

Cando de soia me erguín crucei o mar
da Marola. Eran as ondas enteiras, duras e longas,
era a súa espuma loita. Non tiña medo do vento.
Mar sin marea que trocara súa ronda.


De Verba que comenza
María Mariño
LETRAS 2007