O venres andaba eu
a dar unha voltiña ao sol pola horta, nestes días de seca nos que as plantas e as árbores
agroman en vez de tirar as follas,
sentín o arrecendo do fiúncho e acordei que xa estábamos no Magosto!
Neste tempo sempre
lembro ao marabillosos colares que me facía a avoa, os contos da tía, tantas
cousas, si póñome sentimental.
Baixei ata a
castiñeira vella, que reverte de castañas, pero como imos apañar nin asar
castañas con tempo de San Xoán… Apartei unha morea de ourizos de xeito que non
se voten a perder, e limpeille unhas
hedras á vella amiga.
Ao pé da castiñeira, había unha
presiña de follas murchas, e as repañei
para gardalas no cesto do lixo.
Ao me agachar para rematar de limpar, unha raiola de sol reflexou no
chan como se houbese un espello de prata…
Vai que non sabedes o que atopei?
O meu compás, que
desaparecerá, e despois de búscalo por
tódalas carteiras, gabetas e demais posibles lugares, tiña dado por perdido!
Perdida está unha
cousa cando a deixas por calquera lado, pero o meu compás, tiña un lugar
preciso na carteira da escola, e sempre aparecía cando na clase de Sociais
comezaba a falar da roseira dos ventos…
Pero, agora non toca falar dela?
Subín correndo e mirei, nas actividades
de Sociais, nin unha palabra de norte, sur… Cousa rara, tampouco estaba no
libro, desaparecera! Es se está o libro mal, ou esqueceron poñer esas páxinas
na editorial. Non, comprobei 125 páxinas, todas alí, do 1 ao 125 sen faltar
ningunha.
Puxen o compás na
mesa diante de min, pensando o que puido
ter pasado, con mágoa porque gustábame falar da roseira, xirar a terra,
a lúa… e ver como andaban os rapaces e as rapazas a
buscar o Norte.
O compás abriuse, sen lle eu tocar, e dentro
apareceu un papeliño dobrado. Desdobreino e
vin que tiña algo escrito:
“Perdoa profe, tivemos que coller o compás,
porque é unha emerxencia, ou non temos festas de outono.” Fátima
Unha
emerxencia? Que emerxencia era esa? Cando houbo unha emerxencia?
Busquei na axenda, nada non. Este ano non houbo ningunha, Por certo…. O que sí houbo houbo foron
cabazas no Samaín, e a festiña no Magosto.
Volvín á carteira, e abrín a axenda, estaba
segura das dúas festas…. E alí estaban apuntadas as dúas: Exposición de cabazas, recollelas o venres e levalas para a casa, Magosto, reparto de castañas despois do recreo... Feito!
Acordei que Fátima, Lucas, Mael e Diego e Dani,
tardaron en recoller as castañas. Dixeron que tiveran que esperar porque eran
as últimas e lle las deixaran para os nenos e nenas de infantil, pero tampouco
foi tanto tempo, e traían as castañas quentiñas na man.
Manuela
Manuela