Tempo de castañas meus amigos, que bonito é verdade? Deixamos as imaxes das cabazas que fixemos que son ben lindas.
Fran, que onte estivo maliño, descubríu un segredo dos mestres e mestras de todo o mundo:
-Profe, xa sei por que nos mandades tallar cabazas tódolos anos, é para que os nenos e as nenas disfrutemos cos nosos pais cando as facemos!
E que Fran ademáis de bó é un filósofo!
Graciñas a todos os pais e nais por axudar aos vosos fillos e fillas, polas castañas... Sen vos non podería disfrutar da súa felicidade.
E por suposto aos avós, avoas, tíos, padriños... Xa dicía o sabio que para educar a u neno, a una nena, fai falta todo un pobo.
Unha aperta e feliz Magosto!