22.6.09

Conta atrás 6 5...


A noitiña de San Xoan é tradición antiga na Coruña prender lumeiradas, nenos e grandes saltan o lume novo que nace no solsticio de verán. Nas rúas, nos patios das casas, nas praias, toda a familia e os amigos comparten a festa ao redor do lume e como non, nunha cidade mariñeira, con sardiñas asadas e cachelos.

Dende hai uns anos, a gran festa ten como escenario común ademáis, o Paseo Marítimo, dende os Pelamios ás praias de Orzán e Riazor, e O Portiño, toda a Coruña arde.

Ás doce as avoas poñen en remollo as herbas de San Xoan, herba luisa, ruda, pétalos de rosas e outras flores, chirivisco.... e ao frescor da noite e a luz da lúa, a auga servirá para lavar xa á mañanciña a cara e desvotar as cousas malas.

Canto máis se celebrará este ano, que a Torre estará máis contenta, todos miraremos para ela pois xa falta menos para que sexa declarada:
Patrimonio da Humanidade.

Felices vacacións


Chegamos ao remate de curso, parabéns a tod@s polo voso esforzo, agora chega o tempo de disfrutar, pero.... non esquezades ler moito, moito....
E aquí vos deixamos A Carolina interpretada, e moi ben, por Dani Lence de 5ª E para a nosa clase, Graciñas Dani!
Ata setembro!

18.6.09

¿Que quieres ser mayor?



Descubride neste programa "Cousiñas nosas" os soños de:

 Ikhlasse, Meryama, Karima e Yasmina
Que os seus soños se cumplan é o meu desexo, e para eles e tódolos seus compañeiros e compañeiras a rosa dos ventos, porta aberta aos soños, que ao pe da Torre pode marcarlles moi ben o rumbo.

Dez, nove...

17.6.09

Patrimonio da Humanidade


Aquí tedes a Laika vixiando a Torre

Quedan dez ...





Para o gran día:

A Torre, Patrimonio da Humanidade

15.6.09

Ánimo!



Rematamos o curso sen nos dar nin conta. Hoxe vimos unhas fotografías de decembro e... ¡que grandes estamos agora!
Estamos de exames. Andamos un pouco nervios@s porque queremos aprobar, así que mellor será practicar o:


14.6.09

Patrimonio da Humanidade




A nosa Torre de Hércules,
agasallo dos devanceiros,
luz dos mariñeiros,
rosa blanca rutilante
na roseira dos ventos...


Levarémola na man
cara un rumbo merecido:
agasallo á Humanidade
por tanto traballo feito,
tesouro de Breogán.

11.6.09

Como funciona?

Gustounos moito a aplicación do caleidoscopio, ao mellor estás interesado en saber un pouco máis de este interesante aparello, podes saber nesta páxina o seu funcionamento, e ... construír o teu propio? ánimo, para nós todo é posible, se queres podes conseguilo!
E, para todos os que fixéstedes traballos tan fermosos sobre o Sistema Solar, a posibilidade de ver a Terra e a Lúa como se estivésemos no que temos pendurado na clase, a que mola?
Clicade queridos amigos e amigas, e disfrutade, sabemos que vos vai gustar!

10.6.09

Viaxe a Viladonga

por Nicolás e Manu


O día 27 de maio, fomos ao Castro de Viladonga, habia restos de casas prehistoricas. Había unha cova con musgos que brilaban.
No Museo de Viladonga, ensináronnos o castro cando estaba habitado nun video e tamén nos explicaron cómo construíron as casas e cómo se protexían os habitantes dos inimigos.
Ensináronnos algúns obxectos do castro no video, e tivemos que atopar outros nas vitrinas que nos deron nunha ficha.




Noticia de última hora: En perigo

EXTRA, NOTICIA DE ÚLTIMA HORA: PERIGO!



Hoxe na nosa redacción recibimos unha noticia arrepiante.
Na casa de Maria Pita aconteceu un feito, moi raro e inquietante: A desaparición dunha bolsa de facer esvaecer xeo.
Os causantes dos feitos poden ser uns extraterrestres que roubaron a bolsa para meter dentro a nosa cidade e facela desaparecer.
Señores e señoras, aqui estamos nerviosísimos, sen saber se publicar ou non esta noticia, pero a nosa obriga é informar puntualmente a todos vostedes.
Parece ser que algún dos xornalistas desta casa viron polo Paseo Fluvial a un home moi extraño, que ía enrolando algo que poderia ser unha bolsa de xeo e o gardou no seu chapeu verde pistacho. Acaso era a roubada na casa de Maria Pita?
Nestes momentos, estamos a chamar á policía, para darlles a coñecer estos feitos, e xa están petando na porta. Permanezan atentos ás nosas páxinas.


O Lagarto Dixital sempre ao tanto das noticias máis crocantes da actualidade
!
Redacción
por Jenny


a Audio

5.6.09

Día mundial do medio ambiente


¿E tí, que fas para conservalo? ¿Para melloralo? O planeta é cousa de tod@s




Trazo a trazo

A clase de hoxe: Trazado de polígonos regulares

4.6.09

Nos atrevemos a soñar





a ¿Te atreves a soñar? Lo que he visto en este video ha sido que cuando quieres algo lo consigues y no debes rendirte sino intentarlo una segunda, una tercera.... vez.
Si confías en ti puedes conseguirlo.


Yasmina Mahdaoui Mañana

a Este vídeo me pareció muy bonito, en él se explican cosas que yo no sabía y nunca había pensado. Voy a intentar seguir sus consejos.

Karima Mahdaoui Mañana
a Lo que vi en este vídeo. fue que si no te sale algo, o quieres conseguir una cosa, lo debes intentar otra vez y ya lo conseguirás, no importa cuando, lo importante es que creas que lo vas a conseguir y creer en ti misma para lograrlo.

Ikhlasse Hakim Taoual

a El vídeo era muy gracioso, pero nos quiere decir que hay que comunicarse con todos.
Miguel Gourdel Castro
a ¿Te atreves a soñar? Sí, me atrevo a ir a un sueño que sea desconocido para todo el mundo, el mundo "dunno" es decir lo que voy a ver y vivir en el futuro. Me ha hecho soñar.
Meryama Errami Abassi
a ¿Qué mensaje he captado en el vídeo? He entendido que si te propones algo lo puedes conseguir y si no lo consigues del todo, hay infinitas oportunidades.
Andrea Leis


a ¿Te atreves a soñar? Sí, me gustaría cumplir todos mis sueños, el vídeo me explicó que todo lo que quiera hacer si de verdad me lo propongo me pude salir bien.

Danny González


2.6.09

O ollo que todo o ve

O Mural on PhotoPeach





O día aquel que fixemos o Mural para a festa das Flores, esquecimos a cámara, pero... algunhas da nosa clase, aproveitaron para saír na foto dos de 6º E, que como vedes son uns ¡artistas!
Nós tamén... que nos quedou moi lindo.

Igrexa de Santa María de Meira



A igrexa de Meira guistounos moito,
mirade qué rosetón máis fermoso!
Santa María de Meira
s XII
Para saber máis
e máis



Pedregal de Irimia

O río Miño, nace fresco, fresco que sabía a gloria con tanta calor.

Investigando




  1. Museo do Castro de Viladonga