De cando Dani esqueceu o iogur
Dani esquecera unha cousa importante
na súa mochila e pedíu permiso aos mestres do patio para subir á clase a buscar
o iogur, pero o que esquecera eran os seus debuxos de monstros favoritos.
Aquel día de outono o sol brilaba no
ceo. Había uns días que celebraran o Samaín e aínda penduraban cabazas
nos cristais das ventas.
Na súa clase, Huesitos e o seu avó bailaban cada vez que se abría
a porta, pero Dani non lles tiña medo, eran os seus amigos.
A mestra nono deixou subir con Mael e tivo que subir soíño. Non importaba, pagaba a pena asumir o
risco e recoller o seu tesouro co que esperaba amedroñar a unha morea de
compañeiros mixiricas ao lles amosar aqueles arrepiantes monstros.
Subíu a todo correr, non había tempo
que perder, abríu a porta e oíu que alguén dicía:
-Que fas aquí, Dani, vas enfadar a Manuela.
-Quen fala? –contestou, pois non víu a ninguén, nin recoñecía aquela rouca
voz que estaba a lle falar.
-Son eu, quen vai ser?
–contestoulle, e aínda soou máis grave e
descolorida.
Dani quería contestar, pero as palabras
quedábanlle pegadas na gorxa, era coma se non quixesen saír.
-Que queres? -Preguntáronlle outra vez
-Que queres? -Preguntáronlle outra vez
Aquela voz… aínda era máis arrepiante..
De súpeto, o sol desapareceu da ventá, e as nubes eran oscuras, mesmo negras como se estivesen a piques de estalar unha monumental tronada.
De súpeto, o sol desapareceu da ventá, e as nubes eran oscuras, mesmo negras como se estivesen a piques de estalar unha monumental tronada.
-Vaia, parece que xa é de noite, dixeron
as roucas voces.
Dani non berrou porque era un rapaz valente e notou que unha man lle achegaba unha galleta.
Non tes merenda? –dixo, queres probar estas galletas que fixo a nai
de Fátima? Ela non pode falar está rouca.
Agora recoñeceu a voz de Gloria, se
Fátima estaba rouca, aquela voz parecía
ser tamén dunha pantasma.
-Si, dixo, gra…. Pero as gracias quedaron a medio saír da súa gorxa.
Un terrible ruído coma dun trono, retumbou na clase e toda nela retumbeou á vez e mesmo parecía que o tellado ía derrubarse sobre as súas cabezas.
Un terrible ruído coma dun trono, retumbou na clase e toda nela retumbeou á vez e mesmo parecía que o tellado ía derrubarse sobre as súas cabezas.
Todo quedou escuro, non vían nada. Os
tres compañeiros colléronse da man.
Ao rematar o arrepiante bruar, Dani atreveuse a dicir:
Ao rematar o arrepiante bruar, Dani atreveuse a dicir:
-Non vos movades, aínda que non facía
falta dicilo. Ningún podía mover un músculo do seu corpo. -Manuela di que en
caso de emerxencia, calma, se non sabemos onde está o perigo ao chan e lixeiros, pero amodiño, cara a porta.
Ao momento os tres compañeiros agochados
no chan, coma serpes intentaron tomar o camiño da porta pero..,, por onde estaría a porta?
Fátima dixo:
-Mirade, estamos onde a mesa, aquí está a carteira de Manuela, e sempre ten unha
chea de cousas para as emerxencias. Vou ver se ten a brúxula.
-Como vas andar na carteira?
-Isto é unha emerxencia, nonsi? Manuela non se enfadaará, ao contrario,
vainos felicitar.
-Seguro que nos anda a buscar… dixeron os compañeiros,
-A min vaime rifar, non tiña permiso para subir…
Fátima abríu aquela carteira de Manuela, na que a mestra sempre atopaba todo,
bolígrafos, fíos, cordóns, tiritas, paraugas, chapeus…. Tódalas cousas do mundo parecían
aparecer nela cando as necesitaban. Alí estaba,o compás!
Temos que ir cara u oeste, dixeron, orientándose sairon da clase e seguiron
ata as escaleiras, todo estaba escuro, sairon ao patio e…. non había ninguén, nin
patio, nin nenos, nin mestres… Todo escuro e non había nada.
Nada.