15.5.07

Os allumnos de 6º foron a Santiago


As profesoras de 6º Marina e Ana, tan marchosas elas, levaron aos seus alumnos a Santiago de Compostela.

Visitaron o Parlamento de Galicia, no que puideron sentarse nos escanos do Hemiciclo e sentirse como verdadeiros deputados galegos, quen sabe se algún deles nono será no futuro!

Tamén admiraron as importantes obras pictóricas e mesmo o edificio, en espeicial as das sas de reunións dos diferentes partidos, que lles gustaron moito.

Despois da comida, foron a contemplar a Plaza do Obradoiro e como non, o interior da Catedral, que recorreron grazas ás instruccións que levaban, plano en ristre, feito polas profesoras que tamén lles explicaron as cousas máis importantes.

Ao saír da catedral, tiveron tempo de pasear e mercar agasallos para a familia, ao redor das Prazas da Quintana e Praterías.

Volta ao autobús para visitar o Museo do Pobo Galego, percorrendo as instalacións tamén deste antigo convento e o Panteón dos Galegos Ilustres, onde está enterrada entre outros Rosalía de Castro.

A viaxe de volta, foi en tren ata A Coruña onde os esperaba o autobús para traelos de volta de esta emocionante e artística viaxe.